Feijóo "consigue" que 300.000 galegos con dificultades para pagar a luz e os 100.000 fogares que non poden manter unha temperatura adecuada e as hidroeléctricas ganen millóns cos recursos naturales dos galegos

Información
Galicia | 27 Noviembre 2016 | 3570 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Feijóo con su alma se prodiga y confabula con las hidroeléctricas, ni una sola foto con los que estan sin luz, más de 330 mil según los socialistas.

Abel Losada reclámalle á Xunta unha liña de axudas para garantir os servizos mínimos de subsistencia para 300.000 galegos con dificultades para pagar a luz e os 100.000 fogares que non poden manter unha temperatura adecuada

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 16. O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, chamou aos grupos parlamentarios a reactivar o debate parlamentario da Iniciativa Lexislativa Popular sobre pobreza enerxética, que foi tomada en consideración por unanimidade na pasada Lexislatura. O parlamentario socialista lembra que esta iniciativa non decaeu co cambio de Lexislatura e instou a retomar o consenso nun “problema social de primeira orde”.

Losada lembrou que hoxe hai en torno a 300.000 persoas en Galicia, o 10 por cento da poboación, que teñen dificultades para afrontar as facturas da luz, unhas facturas que por outra parte levan xa seis meses de suba e “todas as análises apuntan a novas subas”. Ademais, hai 100.000 familias que non poden manter a casa a unha temperatura adecuada, “cos riscos que iso comporta para a poboación”.

O parlamentario socialista apunta que o recente suceso rexistrado en Cataluña “ten situado ao país diante da dura realidade da pobreza enerxética” e reclamou medidas en sintonía coa lexislación comunitaria encamiñada a protexer ás persoas máis vulnerables e loitar contra a pobreza enerxética, garantindo unha vida digna e custes asumibles, e prohibindo a desconexión en momentos críticos.

Así, os socialistas pídenlle á Xunta unha liña de axudas sobre un servizo mínimo de subministro de electricidade e gas, que garanta que ningún fogar quede sen cobertura entre o 1 de novembro e o 31 de marzo. Ademais, solicita un protocolo de actuación, en colaboración coa Fegamp e as empresas concesionarias do subministro de auga, que impida a suspensión deste servizo por razóns económicas.

Finalmente, solicítalle ao goberno central que presente “de forma inmediata” un proxecto de Lei de protección dos consumidores vulnerables e contra a pobreza enerxética, co obxecto de comezar o seu debate e aprobación de forma inmediata.