A Deputación esixe ao Goberno de Feijóo, "investigado por homicidio", a dotación de hemodinámica 24 horas e a publicación dos datos de mortalidade por infarto de miocario

Información
Galicia 20 Abril 2016 3002 votos - Registrate para votar

Feijoo conselleira Sanidad visita hospital

Mais do 60% dos galegos piden a súa DIMISIÖN

- Santos Ramos destacou a necesidade de coñecer estas informacións “sobre todo sabendo que a Xunta vincula o investimento dunha sala 24 horas a un informe de mercado” - “Non vaia ser que o feito de non publicar esta información sexa para ocultar que o Goberno de Feijóo está, unha vez máis, a privar aos cidadáns dunha sanidade pública e universal por cuestións económicas” - O voceiro lembrou que no Pleno de marzo, 13 Deputados votaron en contra de debater a moción do Grupo Provincial Socialista para esixir ainmediata dotación deste servizo, ao non considerala de urxencia

O Goberno da Deputación de Lugo esixe a Feijóo que dote á provincia do servizo de Hemodinámica as 24 horas, así como que publique os datos de mortalidade por infarto de miocardio aos 30 días, que está a ocultar. Así o comunicou o voceiro provincial socialista, Álvaro Santos Ramos, que remarcou que se levará ao Pleno unha moción para tratar este tema pois “é necesario e importante coñecer esta información, sobre todo sabendo que a Xunta vincula o investimento dunha sala 24 horas a un informe de mercado”. 

Santos Ramos subliñou que "non vaia ser que o feito de non publicar esta información sexa para ocultar que o Goberno de Feijóo está, unha vez máis, a privar aos cidadáns dunha sanidade pública e universal por cuestións económicas. Máis aínda cando, nun caso sen precedentes na historia do país, o Goberno de Feijóo está sendo investigado por un presunto caso de homicidio, presuntamente, por negar á cidadanía tratamentos sanitarios fundamentais por recortes". 

O voceiro lembrou que, no Pleno provincial de marzo, 13 Deputados votaron en contra de debater por vía de urxencia a moción do Grupo Provincial Socialista para esixir á Xunta de Galicia a inmediata dotación deste servizo, así como dos datos por infarto. Santos Ramos lembrou que o Executivo autonómico publicou un informe “incompleto e sesgado”, no que se alerta de que un lucense afectado por un infarto de miocardio tarde o dobre de tempo en ser atendido que, por exemplo, un cidadán da Coruña. Concretamente, o tempo de espera é de máis de 3 horas, pois a provincia de Lugo non conta cun servizo de Hemodinámica as 24 horas e os doentes teñen que ser trasladados á Coruña.

“E non o ten, porque a Xunta está a incumprir a ILP máis respaldada na historia do Parlamento galego, pois contou co apoio de máis de 41.000 lucenses, para reclamar a dotación de dita prestación no HULA, así como Radioterapia e Medicina Nuclear”.

Nos gustaría recibir tus propuestas
denuncias y comentarios.. ?

Envíanos tus comentarios..!


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600