Imprimir

O Goberno de Galicia considera a Comisión de Transparencia de Galicia unha entidade a que hay que desobedecer a carente de autoridade, burlándose da Valedora do Pobo e suas resolucións.

Información
Galicia | 01 Junio 2022 | 1238 Votos

FEIJOOYMARSANCHEZLANZANAVISOSQUESINSUAUTORIZACIONNOSEPUEDEROBARENNOMBREDELPPQue a Xunta de Galicia ten tomado como algo habitual desobedecer as leyes da Transparencia de Galicia xa non é algo descoñecido pola ciudadanía, se non que xa é considerado un "modus operandi" da corrupción institucionalizada que represneta o PP considerado por o xuiz Velasco como un ha organización criminal para delinquir, todos os perxudicados por o incumplimento da Ley de transparencia poden acudir aos xulgados a denunciar por o Código Penal art 404 e 408 e desobediencia pública das leis de obrigado cumplimento legal, a Valdora do Pobo tampouco pode mirar para outro lado mostrando de forma aberta seu partidismo político para non tirarlle das orellas ao goberno do PP, cuxo comportamento deixa en evidencia o traballo da función pública convertindo nunha vergoña pública as institucións propias dun país bananero total..

 O GRUPO SOCIALISTA DENUNCIA QUE A XUNTA INCUMPRE SISTEMATICAMENTE A LEI DE TRANSPARENCIA E LAMENTA QUE O PP SE NEGUE A GARANTIR O DEREITO REAL DA CIDADANÍA A ACCEDER Á INFORMACIÓN PÚBLICA

Pablo Arangüena sinala “como mostra palmaria de opacidade” que a Xunta aínda non facilitase a cifras de falecidos nas residencias durante a pandemia, como corrobora o TSXG

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2022. O deputado socialista Pablo Arangüena evidenciou hoxe o “incumprimento sistemático” por parte da Xunta da Lei de transparencia, co que “vulnera cada día” o dereito tanto de cidadáns como de deputados a acceder de maneira real e eficaz á información pública. “Hoxe en Galicia”, dixo, “o normal é que a administración galega non atenda as peticións de información que recibe e, polo tanto, ese dereito é meramente teórico pero non existe na práctica a non ser que o declare a Valedora do pobo ou un xulgado”.

Neste contexto, Pablo Arangüena defendeu hoxe na Comisión Institucional do Parlamento defendeu unha proposición non de lei para reclamarlle á Xunta que “deixe de comportarse como un goberno antidemocrático e de facto autocrático e cumpra coas súas obrigas en materia de transparencia”.

Porén, o Partido Popular votou en contra de garantir un acceso real da cidadanía á información pública sen ter que acudir aos xulgados e tamén de que os datos, informes e documentos que reclamen os deputados e deputadas en base ao regulamento do Parlamento se faciliten de maneira rápida por parte da Xunta.

Como era de esperar”, lamentou Pablo Arangüena, “o PP dinos que Galicia é líder en transparencia e que se cumpre o regulamento do Parlamento, pero iso é unha completa falsidade”. “Cada día laborable do ano os deputados e deputadas da oposición pedimos datos que vostedes non nos facilitan a pesar de ter a obriga de facelo”, afirmou.

Como “mostra palmaria” desta “opacidade” e dos “impedimentos” do goberno galego, Arangüena lembrou que dous anos despois do inicio da pandemia “aínda non foi posible saber detalladamente cantos mortos se produciron nas residencias de maiores da comunidade”, incluídas as do “imperio xeriátrico” Domus VI. E iso malia que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia concluíu que a Xunta ten que facilitar esa información, como lle solicitou en maio de 2020 un medio de comunicación. “Como non vai ser de interese público coñecer cantos falecidos houbo nas residencias”, incidiu Arangüena, “entre outras cousas para que vostedes non manipulen os datos como o fan”.

Na súa intervención, Arangüena lembrou que a Lei de transparencia e bo goberno de Galicia, “aprobada con máis de dous anos de retraso con respecto á lei estatal do ano 2013”, establece e desenvolve o dereito da cidadanía a pedir á Administración calquera información que estea no seu poder. No caso de que a administración non responda, o solicitante pode acudir á Valedora do Pobo.

Con todo, seis anos despois da súa aprobación, a lei galega carece de regulamento que indique as consecuencias do incumprimento por parte da Administración no caso de que a Valedora determine que o cidadán. Por tanto, “a Valedora non ten xeito de obrigar a proporcionar a información solicitada”.

Así, aos cidadáns só lles queda a opción de acudir á Xustiza. “Isto, ademais dun coste económico, implica un retraso de tempo moi elevado que desvirtúa por completo a finalidade do dereito de acceso á información pública”, advertiu o deputado socialista. Polo tanto, “a Xunta pode negarse a facilitar calquera información que lle resulte ‘incómoda’, porque sabe que un cidadán normal non incorrerá no gasto de tempo e cartos que implica recorrer á Valedora ou un proceso xudicial e, por tanto, desistirá da súa pretensión”.

Pablo Arangüena advertiu que “esta situación choca frontalmente coas declaracións de Feijoo ou de Rueda, que aseguraban a lei de transparencia galega sería das máis avanzadas de Europa, ou coas frecuentes declaracións dos responsables do Goberno galego, que presumen dunha transparencia que na realidade é completamente inexistente”.

TRABAS Á FUNCIÓN DE CONTROL DOS DEPUTADOS E DEPUTADAS

A maiores, Arangüena recordou que –con toda lóxica democrática- o artigo 9 do Regulamento do Parlamento de Galicia establece que os deputados e deputadas poden solicitar os datos, informes ou documentos que teñan as administracións. Establece tamén a obriga da Xunta de facilitalos ou fundamentar unha eventual negativa nun prazo de 30 días.

A realidade” denunciou, “é que a Administración galega non da resposta á inmensa maioría das peticións realizadas en base ao artigo 9, e non o fai nin en 30 días nin en 30 séculos”. Isto deixa ao deputado ou deputada a posibilidade de reconverter a súa petición en pregunta, “pero unha pregunta non obriga á Administración a facilitar ningún tipo de información e, na práctica, nin sequera a dar resposta realmente e efectivamente á pregunta que se lle fai”.

En consecuencia, “a situación chega a tal punto que os deputados e deputadas, que somos representantes da soberanía popular e temos a obriga de estar informados dos asuntos públicos, atopámonos coa imposibilidade de obter información pública a pesar de que o regulamento nos habilita especialmente”. “Como é posible”, concluíu, “que sexan tan irresponsablemente antidemocráticos e flagrantemente incumpridores da lexislación?”

Ao mesmo tempo, o parlamentario do PSdeG afirmou que o índice europeo de calidade de goberno elaborado pola Universidade de Gotemburgo e financiado pola UE, puntúa a Galicia como a comunidade 14 entre as 17 do Estado en calidade de goberno. Tamén lembrou que a última vez que Transparencia Internacional mediu a transparencia das comunidades autónomas en 2016, Galicia “estaba tamén á cola”, concretamente era a comunidade número 13 entre 17 en materia de transparencia.

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Galicia
Visto: 1238