Feijóo lle lanza salvavidas ás súas amizades perigosas en vez escoitar os cantos de serea de unha xeración que afoga na miseria dice Doval.

Información
Galicia | 30 Enero 2022 | 2005 Votos | Correo electrónico | Imprimir

gT17JQRk 400x400Feijóo y Mar Sánchez poneros a temblar por que Lozoya os grabó en video  para la posterioridad...... - Xornal Galicia | Xornal GaliciaAs Xuventudes Socialistas reármanse baixo o liderado de Xurxo Doval.As Xuventudes Socialistas reármanse baixo o liderado de Xurxo Doval.

Engadindo que “A verdade molesta, e só así poden vender como milagre o que realmente foi a desgraza de máis de 80000 galegos e galegas que marcharon dende 2009”.

As XSG celebraron o día de onte en Santiago de Compostela o seu XVI Congreso Nacional onde elexiron os novos órganos da organización e dirección nacional liderada por Xurxo Doval..sigue..+

 No acto de clausura, que tivo lugar pola tarde, Doval estivo arroupado polo secretario xeral do PSdeG, Valentín G. Formoso, a secretaria de exteriores da CEF do PSOE e secretaria de estado do Goberno, Pilar Cancela, e a secretaria federal de emprendemento de JSE, Paula Castiñeiras.

O novo líder socialista agradeceu aos compañeiros e compañeiras da organización “a súa confianza para recuperar un proxecto sólido e consolidado, como escola de vida, formación e reivindicación, onde as forzas da nosa xeración converxan para mudar o taboleiro político, social e económico do país que nos leva afogando no estanque do esquecemento”.

Doval preguntouse “que  foi do máximo órgano de representación da mocidade galega e dos seus intereses públicos que no ano 2011 foi lapidado?  imaxinades voa calquera líder europeo eliminando o Foro Europeo de Mocidade? Ou a Pedro Sánchez substituíndo o Consello da Xuventude por un órgano consultivo directamente dependente do ministerio de educación?”. 


O mozo lembrou que “A semana pasada marcamos historia, dando o primeiro paso na lacra da vivenda co bono ao aluguer. Unha medida imprescindible nunha terra onde o seu Pte esqueceuse das súas competencias e os e as socialistas debémosllas lembrar”. Aínda así remarcou que “cómpre reivindicar unha maior valentía xeracional e estudar regulacións máis estrictas, fiscalidades máis distributivas e salarios máis dignos”.


Doval afirmou que “O Goberno de España e a oposición galega suplen as funcións dun Feijóo que lle lanza salvavidas ás súas amizades perigosas en vez escoitar os cantos de serea de unha xeración que afoga na miseria”
Formoso, dirixiuse á xuventude socialista a “manter o contacto permanente coa sociedade galega”, e traballar para que o PSdeG “sexa un instrumento útil ao servizo da sociedade”. Así o dixo logo de reivindicar o papel e a colaboración das XSG, aos que “non queremos para encher auditorios nin para ver caras novas detrás dos políticos, queremos que nos enchades de espírito inconformista”.

O líder do PSdeG salientou os logros do goberno para os mozos e mozas, porque “non é o mesmo quen goberne”, como é a nova Lei de FP, o bono de alugueiro e a Lei de Vivenda, concibidos para loitar contra a especulación inmobiliaria. Salientou tamén a futura Lei de Universidades, ou os 600 millóns de euros transferidos a Galicia para emprego xuvenil, que contrapuxo co goberno de Feijoo, que entre 2008 e 2018 fixo un “drama social” da fuga de talento, expulsando 250.000 xóvenes de menos de 30 anos.

social youtube xornalgalicia   feed-image