ADEGA denuncia a ocupación ilegal con eucalipto dunha superficie equivalente a uns 200 campos de fútbol

Información
Galicia | 26 Octubre 2021 | 1294 votos | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

LAVERDADERAGALICIAPROFUNDADELSAQUEOINSTITUCIONAL PORTADA

Desde o pasado mes de abril presentou máis dun cento de denuncias na Consellaría de Medio Rural por plantacións ilegais de eucalipto. 

Aviso-Alerta..? Mar Sánchez Sierra, la "Galicia Profunda" se pone de moda... campaña a la vista ¡ #saqueoprofundo ! Camiña a Galicia..? hazte adepto Frijolario..

Fondos públicos a "paladas" para el editor de la Voz a cambio de anunciar FAKE NEWS, el ultraje y la corrupción en "ESTADO PURO" alimentado desde la Secretaria de Medios de la Xunta.+

Hoxe, 26 de outubro, día no que entra en vigor o novo Plan Forestal de Galicia 2021-2040, ADEGA dá conta dos primeiros resultados da súa campaña de denuncia contra plantacións ilegais, que intensificou desde o pasado mes de abril, tras a vaga eucaliptizadora provocada pola moratoria anunciada pola da Xunta de Galiza para as novas plantacións de eucaliptos. Malia procurar entre os seus obxectivos a redución dun ridículo 5% da superficie ocupada con eucalipto para 2040, tanto a moratoria como o novo Plan Forestal semellan estar provocando o efecto contrario.
Neste senso, ADEGA fixo un chamamento á cidadanía galega o pasado mes de abril para que trasladase á organización ecoloxista información sobre presuntas plantacións ilegais de eucalipto, cortas de bosque autóctono ou ocupación de terras de cultivo irregulares efectuadas con esta especie invasora. A campaña tamén se fixo circular a través das redes sociais e dos medios de comunicación convencionais para tentar poñer freo ás plantacións de eucaliptos e cortas a feito prohibidas pola lexislación vixente de  masas de árbores autóctonas, e que a todas vistas están a proliferar no noso territorio, de forma especialmente alarmante tras o anuncio a finais do pasado mes de marzo da moratoria ao eucalipto.

Cumpridos seis meses desde o inicio da campaña na que ADEGA poñía a disposición das persoas un formulario en liña (http://bit.ly/denunciaforestal) para que, de xeito anónimo, calquera puidese informar sobre plantacións ou cortas ilegais, foron recibidos máis de 230 avisos sobre infraccións cometidas no eido forestal, dos que máis de 200 son denunciables e teñen que ver coa plantación indiscriminada ou irregular de especies do xénero Eucalyptus no noso territorio.

Durante este tempo, ADEGA xa leva presentadas ante a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galiza e demais organismos competentes máis de 100 denuncias sobre plantacións, cortas e cambios de cultivo en parcelas que infrinxiron a normativa forestal, e nalgúns casos, tamén a normativa medioambiental, a de augas ou a de patrimonio.

Substitución de bosque por eucaliptal: o 60% dos casos denunciados