Denuncian que Feijóo e a Xunta dan marcha atrás ante Naturgy e as evidencias públicas de presunta corrupción

Información
Galicia | 28 Septiembre 2021 | 538 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image
  • Feijóo dirige un gobierno de muertos vivientes que basan su gestión en la MARCHA  ATRÁS, #GaliciaGaliciaGalicia #Galiciavolve ja,ja,ja orgullosos de ser  galeg@s. - Xornal Galicia | Xornal GaliciaEcoloxistas en Acción denuncian que Augas de Galicia impón unha sanción irrisoria a Naturgy a pesar de terse demostrado o incumplimento sistemático do caudal ecolóxico no encoro de Ponte Inferno (río Verdugo) e de que esta empresa enerxética está facendo unha apropiación indebida dunha concesión de aproveitamento hidroeléctrico caducada.

Ecoloxistas en Acción sinala que se ben a directora de Augas de Galicia ditou acordo de incoación do expediente sancionador contra Naturgy Wind, SL. polos incumprimentos do réxime de caudais ecolóxicos fixado para o Salto de Ponte Inferno, a hora de aplicar a sanción escudaronse nunha estimación infravalorada dos danos causados para fixar un importe irrisorio de 7.000€ como pena. A organización ecoloxista denuncia a arbitrariedade da estimación dos danos causados pola irresponsabilidade ecolóxica de Naturgy. Unha estimación que Augas de Galicia non sustenta con ningún informe. Para Ecoloxistas en Acción o delito ecolóxico cometido por Naturgy no río Verdugo debe ser tipificado como infracción grave segundo o Regulamento do dominio público hidráulico.

 O Regulamento da planificación hidrolóxica, define o caudal ecolóxico como “o caudal que contribúe a alcanzar o bo estado ou bo potencial ecolóxico nos ríos ou nas augas de transición e mantén, como mínimo, a vida piscícola que de maneira natural habitaría ou puidese habitar no río, así como a súa vexetación de ribera”. A organización ecoloxista argumenta que segundo o regulamento para a cuantificación do dano causado, débese valorar ter que restaurar a zona degradada pola exposición das marxes a unha seca forzada pola falla de caudal, considerando unha franxa de vexetación de ribeira afectada a 1 metro de cada lado, e a instalación de trampas de grava cada 350 metros. Ademais apuntan que  perda de auga de 1,71 Hm3 e o estreitamento do leito puideron poñer en risco especies de flora e fauna asociada a niveis de auga superiores, debendose estimar tamén o custe da recuperación das poboacións danadas e da restauración do río.

Ecoloxistas en Acción lamenta a debilidade da Xunta ante Naturgy. Despois de escoitar ao goberno galego anunciar sancións exemplares nos encoros competencia do estado central polos incumprimentos do caudal ecolóxico resulta que Augas de Galicia se achica contra Natrugy. Resaltan que non só se tipifico a falta como leve senon que ademais só se aplicou un terzo da pena máxima de 30.000€.

A organización ecoloxista lembra que ademais do sistemático incumprimento do caudal ecolóxico tanto líquido como sólido hai que ter en conta o agravante de que Naturgy leva case tres anos explotando ilicitamente o aproveitamento hidroeléctrico de Ponte Inferno cunha concesión caduca. Por iso denuncian que a multa debería ter sido exemplar e non dun importe irrisorio comparado cos millóns de euros que a empresa está extraendo desta explotación ilegal e coas prácticas irresponsables.

Ecoloxistas en Acción solicita sancións exemplares para acaba coas malas practicas do oligopolio hidroeléctrico e no caso concreto do aproveitamento hidroélectrico piden que se cumpra  a lei e que se declare extinta a concesión sen isto exima a Naturgy da execución das melloras impostas pola Administración e ratificadas polo órgano xudicial  tales comoa redución da altura da presa en 5 metros, implantación dun sistema que evite a introdución de peixes na canle de derivación, construción dun paso para peixes que funcione, e a falta de medidores de caudal no punto de toma e na entrada do paso para peixes, que impiden que se poida comprobar que o concesionario está respectando o caudal ecolóxico.

Indican que a extinción da concesión e a restauración do río e os seus ecosistemas está apoiada polos Concellos de Soutomaior e de Ponte Caldelas, a Cofradía de Pescadores de Arcade, e diversas Asociacións Ecoloxistas e Fundacións; ademais, no informe emitido polo Servizo de Planificación Hidrolóxica de Augas de Galicia, faise constar o mal estado da masa de auga, debido a que o aproveitamento modifica a dinámica fluvial do río e facilita a instalación de especies exóticas invasoras, propoñéndose unha serie de melloras que farían posible que a masa de auga pasase a unha situación de “moi bo estado”.