Ecoloxistas en Acción denuncia as cortas a matarrasa na contorna das Brañas de Raxoi para replantar masivamente con eucaliptos.
- A organización ecoloxista sinala que estas son as consecuencias da moratoria trampa do eucalipto decretada polo goberno da Xunta.
- Resaltan que a suposta moratoria lonxe de frear as plantacións de eucalipto, agocha unha legalización e harmonización das plantacións ilegais desta especie invasora.
A braña de Baxoi está catalogada no Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Guitiriz como SOLO RÚSTICO DE ESPECIAL PROTECCIÓN DE ESPAZOS NATURAIS. A zona forma parte da Reserva da Biosfera Terras do Miño, (recollido no libro LIC PARGA-LADRA-TÁMOGA Terras de Pedra e Auga Miño, editado para REDE NATURA 2000/LIFE NATUREZA).
FEITOS:
- Corta a matarrasa de 20 has.
- Plantación de Eucalipto globolus na zona deforestada.
- Sucedeu en época de cría. A zona ten varias especies de rapaces.
- Afección ao humedal, unha turbeira grande
Ecoloxistas en Acción solicitou á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda que se levanten os eucaliptos plantados, alomenos 200 metros desde a beira da turbeira e que se proceda á correspondente sanción e a obligación de repoñer a parcela ao seu estado anterior.