As XSG denuncian o infantilismo do Sr. Feijóo nas súas nefastas políticas de mocidade

Información
Galicia | 11 Agosto 2021 | 1023 Votos | Correo electrónico | Imprimir

Tribuna de Galicia, un medio de comunicación cuyo sentido de su existencia  es; contar la verdad. | La democracia muere con la perdida de la Libertad  de Expresión..As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) denunciaron no día de hoxe a campaña de vacinación en redes da Consellería de Xuventude a cal “estigmatiza dun xeito ridículo a unha xeración abandonada polas sombras da xestión do Sr. Feijóo” ao amosar dúas mensaxes, unha de SMS e outra do Instagram, na cal se convoca a un usuario á súa cita e a Covid deixa de seguirlle na rede social.” As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) denunciaron no día de hoxe a campaña de vacinación en redes da Consellería de Xuventude a cal “estigmatiza dun xeito ridículo a unha xeración abandonada polas sombras da xestión do Sr. Feijóo” ao amosar dúas mensaxes, unha de SMS e outra do Instagram, na cal se convoca a un usuario á súa cita e a Covid deixa de seguirlle na rede social.” 


Xurxo Doval manifestou que “a área de xuventude semella un campo de minas onde o obxectivo e salvar ao soldado Feijóo a base de rebentar bombas cos mozos e mozas galegas, dada a súa manía de culpabilizarnos da súa nefasta xestión”.
Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2021
As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) denunciaron no día de hoxe a campaña de vacinación en redes da Consellería de Xuventude a cal “estigmatiza dun xeito ridículo a unha xeración abandonada polas sombras da xestión do Sr. Feijóo” ao amosar dúas mensaxes, unha de SMS e outra do Instagram, na cal se convoca a un usuario á súa cita e a Covid deixa de seguirlle na rede social.
Dende a organización moza consideran que “é vergoñento que despois dun verán atípico onde o Presidente puxo na diana dos males sanitarios de Galicia á xuventude, veña cunha campaña cargada de estereotipos de crushes, follows, sms, instagram... que amosan unha visión xeracional distorcida e infantil por parte dun Goberno galego desaparecido para a mocidade durante a pandemia e que agora semella rirse dela”.
Para a organización isto é “unha proba máis da ausencia de interese do Sr. Feijóo no desenvolvemento dunha política de mocidade centrada nas dificultades desta, xa que ate o momento tan só temos recibido desprezo e discriminación ao falar de vivenda, emprego e educación, e agora saúde”.

Nesta liña, o representante das XSG, Xurxo Doval, manifestou que “a área de xuventude semella un campo de minas onde o obxectivo e salvar ao soldado Feijóo a base de rebentar bombas cos mozos e mozas galegas, dada a súa manía culpabilizarnos da súa nefasta xestión”.
O mozo socialista pediulle que “ asuma a súa responsabilidade, que deixe de buscar erros alleos e asuma os propios e nos explique dunha vez as decisións contraditorias e excluíntes coa mocidade respecto as medidas Covid e o proceso de vacinación”.
O mozo engadiu que “ a xuventude galega foi moi responsable neste último ano e medio, así se amosa nos cribados e así se reflicte no colapso das solicitudes da autocita, polo que quen debería pedir desculpas polo mal funcionamento do sistema de rastrexo e a rede do SERGAS tería que ser o Sr. Feijóo”.

social youtube xornalgalicia   feed-image