Plataformas e entidades ecoloxistas piden á Francisco Conde transparencia en relación ás axudas públicas que puido recibir Greenalia para a implantación dos seus parques eólicos na Costa da Morte

Información
Galicia | 12 Julio 2021 | 1182 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

 Feijóo facilita a destrucción e recortes nas Fragas do Eume para beneficiar  o negocio das eólicas - Xornal Galicia | Xornal Galicia

  • Cuestiónase a viabilidade económico –financieira dos parques que se puideron beneficiar tanto de diñeiro público europeo como das prerrogativas que lle outorga a normativa vixente, á medida das promotoras eólicas, como a expropiación forzosa a prezos de saldo e a prevalencia do uso eólico

  • A información solicítase con respecto aos parques eólicos Alto da Croa, Alto da Croa II, Monte Tourado, Monte dá Tella, Campelo, Bustelo, Toural e Cerqueiral.

     

A asociación Petón do Lobo, a Plataforma As Salgueiras, a Plataforma Quijote de Outes, a asociación galega Cova Crea e a asociación Ouriol do Anllóns piden ao Conselleiro de Industria e Vicepresidente segundo da Xunta de Galicia, información e transparencia en relación ao PROYECTO EOLO I (VIENTO) - FASE II da mercantil Greenalia S.A. e que o Banco Europeo de Inversións financia con diñeiro público, coa intermediación da Xunta de Galicia.

O 8 de abril de 2020 (coa Referencia: 20200159) o Banco Europeo de Inversións (BEI) iniciaba a tasación do proxecto que financia a implementación dunha carteira de parques eólicos terrestres da citada mercantil e que se ubicarán en Galicia.

O obxectivo da financiación era o desarrollo de 127 MW de enerxía que se instalarían en 4 parques eólicos con un monto aproximado de 128 millóns de euros de diñeiro público. O BEI, que presume de tolerancia cero contra a fraude e a corrupción, recibiu varias solicitudes de información de entidades ecoloxistas en relación a esta operación de financiación na que está en xogo diñeiro público europeo. A empresa xa con anterioridade fora proposta polo BEI para unha financiación de 450 millones de euros, para o desenvolvemento de proxectos de enerxía renovable, se ben non hai constancia de retorno económico algún dese diñeiro na Costa da Morte (PROYECTO EOLO I (VIENTO) - FASE I).

As solicitudes de información estaban relacionadas cos coñecementos que a entidade pública europea dispoñía sobre a división artificiosa dos parques Campelo, Bustelo e Toural que a mercantil da ex –conselleira da Xunta de Galicia, Bea Mato, prevé instalar en Coristanco, Carballo e Santa Comba. Coa fragmentación irregular dos proxectos impediuse á cidadanía participar na avalización global do impacto ambiental da infraestrutura conxunta.

Os proxectos de Greenalia (promovidos pola mesma empresa, herdados de proxectos presentados en 2010, e recuperados pola Xunta en plena pandemia como “Proxectos de Epecial Interese Industrial” para reducir prazos) comparten boa parte das infraestruturas (vieiros, gabias do cableado, SET, así como a liña de evacuación).

A mesma problemática preséntase cos parques eólicos Alto da Croa, Alto da Croa II, Monte dá Tella e Monte Tourado que a empresa prevé implantar en Vimianzo e Dumbría. O parque Monte dá Tella non é máis que a ampliación encuberta do Alto da Croa II e Monte Tourado.

O parque eólico Monte dá Croa, con unha declaración de impacto ambiental publicada no ano 2010, aínda estaba en trámites a principios deste ano 2021, sen que constara a prórroga de efectos do documento ambiental e con visos de caducidade deste.

Por outra banda, hai que lembrar a sombra que pesa sobre da empresa en relación ao posible acceso a información privilexiada relacionada cos Planos de xestión de especies protexidas, elaborados e aínda non publicados pola Xunta, e que se evidenciou durante a tramitación do parque eólico O Cerqueiral (Plano integral de recuperación da Centaurea ultreiae, planta endémica en perigo de extinción (pp. 42, 137, 174 do doc. de inicio); e do Plano integral de conservación da tartaraña cincenta (Circus pygargus) e da gatafornela (Circus cyaneus), dúas especies de aves vulnerábeis (pp. 139 e 175).

Para as entidades ecoloxistas a viabilidade económica, financieira e técnica das estacións eólicas de Greenalia na Costa da Morte está en entredito, ao seguirse unha tramitación espúrea que cuestiona a legalidade da tramitación ambiental.

Para máis información consultar o enlace:

https://www.eib.org/en/projects/pipelines/all/20200159

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210114/AnuncioG0596-181220-0001_gl.html (parque eólico Alto da Croa).


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600