180 organizacións as que se suma PLADESEMAPESGA denuncian as subvencións europeas á mina de San Finx

Información
Galicia | 04 Junio 2021 | 2327 votos | Correo electrónico | Imprimir | Letrados Xunta, #PublicidadInstitucional, #mermeleros, #Boqueixón, #Corrupción, Xunta de Galicia, Tungsten San Finx S.L, Unión Europea, transición verde, San Finx, Esteiro do Tambre, Rede Natura, manipulación

contaminacionminasdesanfix fondoseuorpeos colaboracionFeijooMarsanchezSierra

As principais organización ambientais europeas xunto con numerosos colectivos locais e nacionais, incluíndo a Ecoloxistas en Acción e outras entidades galegas, veñen de lanzar un manifesto denunciando o crecente apoio das institucións da Unión Europea á minaría destrutiva e contaminante en Europa, baixo a escusa da chamada transición verde.

 

A declaración conxunta advirte sobre como as empresas mineiras e os seus accionistas se están beneficiando de subvencións públicas da UE que se canalizan cara proxectos de investigación de dubidoso beneficio público e control sobre os seus impactos e autorizacións ambientais.Benvido a Tribuna de Galicia, un medio de comunicación que ten como sentido  da súa existencia un sinxela pero poderosa razón: contar a verdade. -  FRAUDE DE LA PUBLICIDAD INSTITUCIONAL DE LA

Entre os exemplos de financiación da UE para proxectos mineiros que non foron sometidos a unha avaliación de impacto ambiental destacan o caso da mina San Finx, en Lousame, que recibiu financiación dos programas europeos Horizon 2020 e EIT Raw Materials, que permitiu, entre outros gastos, pagar o salario do propio director facultativo da explotación.

Tungsten San Finx S.L., filial de Valoriza Minería, mantivo baleirada por achique forzado a 5ª planta desta mina de volframio e estaño durante varios anos, de modo a utilizar esta zona paras as probas de ambos os dous proxectos europeos, a pesar de non ter autorización de vertidos da Xunta. Esta actuación implicou vertidos constantes con altas concentracións de metais pesados ao río contiguo, que flúe cara a ría de Muros-Noia e o espazo da Rede Natura 2000 Esteiro do Tambre, situados a tan só 7 km de distancia.A fraude da publicidade adxudicada en campañas con fondos europeos de la  pesca de María del Mar Sánchez Sierra " O Mar que nos Move" esta provocando  crispación e malestar no sector

Ecoloxistas en Acción denuncia non só que Augas de Galicia nunca teña sancionado á empresa mineira, se non que pretenda aínda conceder autorización de vertido nun procedemento iniciado en 2016 e que estivo cheo de irregularidades e falsidades desde o inicio. A entidade ecoloxista personouse no procedemento e prepara accións legais ante a posibilidade de que Augas de Galicia autorice os vertidos nos próximos meses.

social youtube xornalgalicia   feed-image