Imprimir

A Lei de Terras Agrarias revela o gran engano de Feijóo e sía propaganda dunha moratoria para a plantación de eucalipto.

Información
Galicia | 24 Mayo 2021 | 920 votos Regístrese para votar
social youtube xornalgalicia   feed-image
  • A lei de recuperación da terra, outra coitelada de Feijóo e seu goberno ao monte veciñalEcoloxistas en Acción denuncia que coa publicación da "LEI 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia" queda en evidencia que a anunciada "moratoria do eucalipto" polo goberno galego non foi nada máis que unha montaxe mediática ante a presión social.

A Lei de Terras Agrarias, recén publicada, recolle na súa novena disposición transitoria as emendas do Partido Popular que articulan a "moratoria do eucalipto" anunciada polo goberno galego, hai escasos meses, cando se promulgou o novo Plan Forestal Galego. Ecoloxistas en Acción denuncia que esta disposición transitoria, lonxe de ser unha moratoria, en realidade é unha regulación de todas as plantacións ilegais de eucalipto cometidas ate agora polas empresas madereiras.

Sinalan que a lei en vez de prohibir máis plantacións permite "repoboacións  de eucalipto previstas en instrumentos de ordenación ou xestión forestal que fosen aprobados pola Administración forestal antes da entrada en vigor desta disposición, ou nos citados instrumentos cando a súa solicitude de aprobación se atopase en tramitación con anterioridade á entrada en vigor desta disposición". Deste xeito a meirande parte dos polígonos forestais poden seguir plantando eucalipto sen ninguna limitación definida por lei.

Ademais, alertan desde a organización ecoloxista, cando o eucalipto sexa a especie dominante, ben como masa pura ou mixta, segundo esta lei permítese replantar en igual número os especímenes que sexan tallados por cortas ou reforestar con eucalipto os montes que quedaran rasos por mor de incendios, vendavais, pragas, enfermidades ou outros motivos.

Sinalan que a disposición transitoria incluida na lei polo Partido Popular legaliza as futuras plantacións de eucaliptos, xa que o anuncio anticipado das moratorias tivo un efecto avalancha para a plantación de eucalipto e as empresas madereiras asegurarse de que os seus polígonos agroforestais teñen a esta especie invasora como masa forestal dominante. Indican que, ademais destes meses de plantacións masivas de eucalipto, a lei concede 30 días para a execución de novas plantacións exentas da regulación aprobada.

Ecoloxistas en Acción denuncia que esta lei está lonxe de ser un punto de inflexión ante o desastre ambiental e socioeconómico da plaga do eucalipto en Galicia. Polo contrario, vén a legalizar as desfeitas pasadas da industria madereira e da cobertura a futuras sementeiras ou plantacións de eucalipto nos polígonos agroforestais.
Categoría: Galicia
Visto: 920