Imprimir

Os megaparques eólicos son un golpe para a economía rural galega de Feijóo

Información
Galicia | 20 Mayo 2021 | 1107 votos Regístrese para votar
social youtube xornalgalicia   feed-image

FALSO XACOBEO 21-22. Malos vientos contra el Camino de Santiago, Feijóo y  otros políticos dan el PELOTAZO EÓLICO en todo el camino Francés bajo FAKE  NEWS de las campañas de Mar SánchezOnte tivo lugar a terceira das mesas redondas do ciclo “Proxectos eólicos e os seus impactos na Galiza”, que organiza a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA). O encontro centrouse sobre os impactos socioeconómicos dos macroproxectos eólicos e contou coa participación de Xavier Simón, responsable do Observatorio Eólico de Galicia; Margarita Camba, membro de Bierzo Aire Limpio; Victoria Fernández-Armesto, socia da Casa Grande de Xanceda; e Xosé Alfredo Pereira, presidente de la Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Mancomún (ORGACCMM).

Xavier Simón fixo un repaso sobre a evolución na instalación de eólicos na nosa terra, salientando que esta segunda vaga está xerando unha forte contestación social a diferenza da primeira (1997-2008), apuntado 3 claves fundamentais. En primeiro lugar, que non hai unha planificación eólica, de xeito que Galiza se converteu nun “salvaxe oeste” ao servizo do mercado liberalizado. Tampouco se están tendo presentes as comunidades rurais, de feito evítase todo que poidan fortalecer a súa posición fraca ante as empresas, e por último, non hai un plan industrial asociado ao desenvolvemento eólico, é dicir, “non hai unha industria galega que produza para o sector eólico, o que supón un forte déficit”.

Con todo, Simón, reivindica que podemos “ver a enerxía eólica como unha oportunidade real para transformar as comunidades rurais e contribuír a que se deixen de converter en desertos humanos” pero para iso o modelo debe camiñar cara que as comunidades locais e as administracións públicas, desde o estado aos concellos, sexan tamén promotoras de parques de enerxías renovábeis.

Margarita Camba, membro de Bierzo Aire Limpio, nunha liña semellante puxo sobre a mesa a necesidade dun cambio cara un modelo distribuído de produción e consumo, “que ten a virtude de que os pobos poden xestionar os recursos de xeito democrático e igualitario, con vocación de servizo comunitario e responsabilidade”. Neste senso, cuestionou por que o goberno demora a transposición obrigada Paquete de Inverno da Unión Europea para a creación de Comunidades enerxéticas locais e de autoconsumo.

Detívose tamén na enumeración de impactos dos eólicos, entre os que destacou o impacto socioeconómico, véndose desprazada a agricultura, a silvicultura, gandería, apicultura... “o que xera desemprego e despoboamento”, así como a repercusión sobre a saúde das comunidades afectadas, sometidas a ruído, vibracións no terreo e a sombra lampexante que produce o continuo xirar das aspas dos muíños.

Victoria Fernández-Armesto, socia da Casa Grande de Xanceda, foi exemplo de como o descenso dos parques eólicos ás zonas agrarias compromete a vida nas aldeas o desenvolvemento de actividades económicas tradicionais. Reivindicou a natureza gandeira da comarca de Ordes, declarada zona de Especial Interese Agrario en 2007, e fixo referencia a como os eólicos afectan ao gando e o benestar animal grazas a un informe solicitado pola súa empresa a unha investigadora que concluíu: a etapa de construción e desmantelamento dos parques crea estrés, medo e estampidas entre os bovinos o que ademais ocasiona torceduras, abortos e menor produción de leite, e xa etapa de operación produce estrés metabólico no gando debido ruído constante dos motores.

Sinala, polo tanto, que os proxectos eólicos proxectados para Ordes son incompatibles cos actuais e futuros aproveitamentos gandeiros, de xeito que no seu caso non haberá negociación coa empresa e se vexan, moi posiblemente, abocados á expropiación.

Por último, Xosé Alfredo Pereira, presidente de la Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Mancomún, recordou que a maior parte dos parques eólicos xa instalados en Galiza están en montes comunais e que sendo “un aproveitamento máis, deben xerar emprego e riqueza dentro da economía social e comunitaria xa que se trata dun monte comunitario”. Destacou ademais que Galiza, fóra da dependencia de grandes empresas e oligopolios, debe camiñar cara a soberanía enerxética e non permitir o aproveitamento colonial que se quere facer nas nosas terras. Coincide coas demais

Categoría: Galicia
Visto: 1107