Información
Galicia

Xosé Leal: "É importante achegar á cidadanía o espírito das Irmandades da Fala en cuestións como a lingua, a igualdade e o autogoberno"

Información
11 Agosto 2016 2316 votos

"É moi importante achegar á cidadanía, é sobre todo ás xeracións mozas, o espírito das Irmandades da fala en cuestións fundamentais como a defensa da nosa lingua, a igualdade entre homes e mulleres e o autogoberno" sinalou o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, na súa intervención no acto de apertura da mostra ‘Saúde e Terra, irmá(n)s!'. A exposición, organizada pola Real Academia Galega, polo Museo do Pobo Galego e pola Deputación da Coruña, chega a Vigo grazas a un convenio entre os entes provinciais de Pontevedra e da Coruña. 

No acto desta mañá estiveron presentes os representantes das catro institucións. A Real Academia Galega estivo representada polo seu presidente, Xesús Alonso Montero, o Museo do Pobo Galego polo presidente do Padroado, Justo Beramendi, a Deputación da Coruña pola vicepresidenta e responsable da área de Cultura, Goretti Sanmartín, e a Deputación de Pontevedra polo deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal. Antes das intervencións institucionais, o violinista Sergio Heredia interpretou unha peza musical de Manuel Quiroga co violín do propio Quiroga que forma parte da exposición. Escolleu para a ocasión a peza  "Emigrantes celtas. Lonxe da terriña, lonxe do lar".  poderá visitarse na Sede da Fundación Barrié ata o vindeiro 8 de setembro, en horario de 12 a 14 horas e de 18 a 21 horas, agás os luns.

‘Saúde e Terra, irmá(n)s!' fai un percorrido pola traxectoria do movemento iniciado, en maio de 1916 na Coruña, polos irmáns Vilar Ponte para estender o uso do galego a todos os contextos orais e escritos e que, posteriormente, se foi espallando por toda Galiza. As Irmandades promoverían ademais un novo rexurdimento cultural e tamén unha nova etapa do galeguismo político. Unha referencia que estivo moi presente nas intervencións dos representantes das catro institucións e que Xosé Leal quixo aproveitar para vincular á figura de Castelao, persoeiro que desde a Deputación de Pontevedra se está a homenaxear neste ano, e que tivo unha significación especial en canto a compromiso e defensa dos dereitos de Galiza no contexto político do nacionalismo. "Castelao, a partires de ‘Arte e Galeguismo', adquiriu un compromiso ideolóxico e cultural  que foi determinante para a Galiza do momento e tamén para a actual, por iso é importante lembrar o pasado, para que teña importancia no presente e tamén de cara ao futuro" asegurou Leal.

Unha idea, a de comprender o herdo dunha xeración "avanzada e moderna", na que incidiu a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín. "Esta mostra está concibida de maneira pedagóxica e áxil, non como una exposición histórica e memorialista, porque o que queremos é transmitila e aproveitar o bafo das Irmandades para camiñar cara o futuro" sinalou a vicepresidenta. No deseño e coordinación da mostra citou e agradeceu especialmente o labor do comisario da mesma, Pepe Barro. Goretti Sanmartín salientou o papel das Irmandades que conseguiron "con vontade e con planificación chegar a todos os ámbitos" e mencionou, entre outros, a modernización do teatro, dos xornais, a promoción do ensino en galego, a aposta pola ciencia en galego e polos estudos universitarios en galego e a creación de editoriais. Tamén aproveitou para salientar o simbolismo de que a presentación da mostra coincida no mes de agosto "precisamente no ano da memoria, cando moitas destas persoas que hoxe homenaxeamos aquí remataron exiliadas ou asasinadas, cando representaban o pensamento máis avanzado, moderno e innovador daquel momento". Goretti Sanmartín tamén se centrou na importancia do papel da muller nas Irmandades e na defensa da igualdade de xénero e lembrou que "o 10% da militancia no Partido Galeguista eran mulleres".

O presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, puxo o acento na importancia da defensa do idioma asegurando que "a fala naquel momento estaba verdadeiramente ameazada, porque daquela o galego non era o idioma doméstico da clase media, que é onde están os profesionais, os intelectuais e a cultura, e que é a clase que funciona como espello do resto da sociedade". O presidente da RAG avogou, no súa quenda de palabra, por continuar na actualidade esta labor de promoción e reivindicación do noso idioma. Pola súa banda, o presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Justo Beramendi, fixo referencia aos logros das Irmandades en Vigo, centrándoos na edición do Diario Galicia. Beramendi sinalou que este xornal foi "un auténtico paso adiante na prensa galega" e que "dirixido de facto por Valentín Paz Andrade, tivo un enorme éxito e chegou a converterse no de maior tirada de Galiza, e no primeiro xornal que realmente foi de ámbito galego, porque os demais eran de tirada local". Justo Beramendi tamén salientou o papel crucial das Irmandades no rexurdir do galeguismo e posterior desenvolvemento do nacionalismo.

A exposición

Saúde e Terra, irmá(n)s! relata a historia das Irmandades a través de dez temas que profundan na súa cerna. Cada un deles desenvólvese nunha cabina na que se poden ver publicacións, documentos, imaxes e obxectos, así como escoitar gravacións musicais e de discursos e artigos de persoeiros da época. Poderase contemplar ademais unha escolma de pezas artísticas vencelladas aos temas e motivos que moveron a acción das Irmandades dalgúns dos artistas máis relevantes daquel tempo. 

A través destes dez espazos, o público pode coñecer a orixe do movemento e á súa evolución, desde a acción centrada en primeiro lugar na normalización do idioma até a intervención política e os seus principais protagonistas (os irmáns Vilar Ponte, Lois Porteiro Garea, Lois Peña Novo, Antón Losada Diéguez, Vicente Risco…); o novo rexurdimento literario, da man de autores como Ramón Cabanillas, Manuel Antonio, Ramón Otero Pedrayo e Rafael Dieste e de editoriais como Céltiga, Lar ou Nós, dirixida por Ánxel Casal; o intento de conformación dun teatro galego que superase o ruralismo e a aposta polos coros como xeito de chegar ás masas; o compromiso cunha arte galega exemplificada na obra de Castelao, Álvaro Cebreiro, Camilo Díaz Baliño ou Francisco Asorey; o cultivo das ciencias sociais e experimentais ao servizo de Galicia, que callou arredor da creación do Seminario de Estudos Galegos, a creación das Escolas do Insiño Galego ou a importancia que lles concederon aos medios de comunicación as Irmandades, que se dotaron do seu propio voceiro, A Nosa Terra, e promoveron a reaparición d'O Tío Marcos d'A Portela, entre outras cabeceiras editadas en Galicia e na diáspora.

Saúde e Terra, irmá(n)s! dá ademais visibilidade á participación das mulleres nas Irmandades da Fala, que apostaron desde o primeiro momento pola "igualdade absoluta, política e civil da muller e do home". Esta declaración dunha asemblea de irmáns e irmás reflicte o compromiso político do movemento nuns tempos nos que o voto feminino aínda tardaría anos en chegar. As mulleres loitan na Irmandade Feminina, creada na Coruña en 1918, participan no teatro, aparecen nas palestras dos mitins e algunhas colaboran n'A Nosa Terra.  Con dirixentes como Amparo López Jean, Micaela Chao, Elvira Bao ou María Miramontes, empezaron sendo un medio cento, pero na década dos anos 30 a cifra foi en aumento até chegaren a ser o 10% da militancia do Partido Galeguista.

Ademais das fotografías e documentos reproducidos, a exposición xunta unhas 130 pezas, documentos orixinais e primeiras edicións prestadas para a ocasión por máis dunha trintena de institucións e coleccións particulares. Entre as pezas integradas nas cabinas, figuran obxectos persoais como as lentes de Vicente Risco e de Ramón Cabanillas, os carnés das Irmandades da Fala de Ramón Villar Ponte e Antonia Pardo, unha plumiña de Álvaro Cebreiro, a máquina de escribir de Valentín Paz Andrade e o violín que Manuel Quiroga doou ao seu amigo Antón Losada Diéguez; o manuscrito autógrafo de Arredor de si, de Otero Pedrayo, outro texto manuscrito do programa da I Asemblea Nacionalista ou a carta-nota ao gobernador civil que anuncia que a Irmandade da Fala se converterá no Partido Galeguista.

O estandarte de "Queixumes dos Pinos" da Coral Polifónica Follas Novas (1922), e obras de arte como os óleos "Soidade", de María Corredoira,  "Valle Esmeralda" (1912), de Francisco Lloréns e "Nube da tarde", de Imeldo Corral; e a talla "Galicia, Nai e Señora", de Uxío Souto (1926), tamén forman parte da exposición.

A mostra contou cunha comisión organizadora na que participaron Margarita Ledo Andión e Henrique Monteagudo en representación da Real Academia Galega, Justo Beramendi e Carlos García Martínez polo Museo do Pobo Galego e Carme Vidal e Uxío Breogán Diéguez pola Deputación da Coruña. O proxecto foi creado, deseñado e coordinado por Pepe Barro. 

O proxecto expositivo de conmemoración do centenario das Irmandades da Fala organizado pola Real Academia Galega, a Deputación da Coruña e o Museo do Pobo Galego conta co apoio de catorce entidades colaboradoras: a Real Academia Galega de Belas Artes; as fundacións Penzol, Otero Pedrayo, Antón Losada Diéguez, Vicente Risco, Castelao, Alexandre Bóveda, Isla Couto, Antonio Fraguas, Galiza Sempre e Moncho Reboiras; o Museo de Pontevedra, o Departamento de Galego-Portugués da UDC e Galiza Cultura.

Ademais dos fondos cedidos para a ocasión pola RAG e o Museo do Pobo Galego, a  maioría de entidades colaboradoras participan tamén na mostra como prestadoras. Esta homenaxe ás Irmandades amosará tamén documentos e pezas de arte cedidas tanto pola Fundación Barrié, o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, o Museo Carlos Maside, o Museo de Belas Artes da Coruña, o Parlamento de Galicia e a Biblioteca Provincial da Coruña, como por particulares, algúns deles familiares de integrantes das Irmandades da Fala. 

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago