Cinismo e falsedades Feijoo Hospital Vigo

Información
Galicia | 30 Enero 2021 | 2798 Votos | Correo electrónico | Imprimir

Feijóo le adelanta en Galicia el Día de los Santos Inocentes colocandole el  "llufa" al PSOE y BNG, y "defecando" sobre la intelegencia de los Galleg@s.  - Xornal Galicia

NOTA DE PRENSA DA AGDSP

 Ante as declaracións realizada polo Presidente da Xunta, Sr.  Núñez Feijóo no  Faro de Vigo de onte, sobre a construción do Hospital de “A Coruña”, que se realizará con fondos públicos, en contraposición o realizado no H. Álvaro Cunqueiro,  que se realizo a través da colaboración Público-Privada e na que  afirma que foi “….o goberno Central, presidido polo Sr.  Zapatero, o responsable de que a única solución que había para  súa construción era o recurso a financiación público-Privada….”...+

 A AGDSP, quere denunciar a opinión pública, a hipocrisía de ditas declaracións, dado que foi responsabilidade  do Partido Popular e  do seu executivo, liderado polo Sr. Feijóo, de paralizar o proxecto  de construción e financiación do hospital a través da Sociedade Pública de Inversións (SPI) realizado polo goberno da Xunta do Sr. Touriño,  na que a Conselleria de Economía cedía 300 millóns de euros para a construción e 90 millóns para a dotación de material clínico. A  obra construtiva se realizaba en  4 anos (2009-2013), inversión que sería devolta pola Conselleria de Sanidade en 15 anos (2011-2025). Estas medidas foron tomadas no Consello da Xunta do Sr. Touriño, o 5 de Febreiro  de 2009, na que se acordou a financiación do  Novo Hospital de Vigo.

O Sr. Feijóo e o PP, a súa chegada a Xunta, paralizan o  proxecto durante dous anos, dado que tiñan as competencias plenas da sanidade e deciden a súa nova construción a través da financiación Público-Privada (PFI), igual  a que realizaron nas comunidades de Valencia e  Madrid en época de bonanzas económicas, cun abono dun canon de 60 millóns anuais   durante 20 anos, con sobrecostes millonarios que se detraen do gasto corrente e na que diminuíron o proxecto arquitectónico, nun 40%, pasando de 1265 a 845 camas hospitalarias, así como as salas de UCI, Quirófanos, etc., ( cuan necesarias serian na actualidade, en esta pandemia). Esta é a forma habitual, que o PP ten para descapitalizar o sistema público sanitario e entregalo  a entidades privadas para o seu beneficio.

A AGDSP, quere denunciar, que foi  unha irresponsabilidade  da Xunta do Sr. Núñez Feijóo de apostar por un hospital mais pequeno e  con un sobre coste sobre o financiado no 2009, tal como denunciou a nosa asociación durante anos, incluído a denuncia pola vía xudicial. Apostar por la Financiación Privada de Investimentos (PFI), como se demostrou na actualidades coa venta  de accións da concesionaria a fondos voitres de inversións, ten un custe que o pagamos tódolos Galegos, durante moitos anos

  Vigo a 29 de Xaneiro de 2021

social youtube xornalgalicia   feed-image