Feijóo obligaba a personal de 66 años que no eran cargos de confianza del PPdeG en la Xunta a ir a la primera línea de los incendios

Información
Galicia 22 Enero 2021 991 votos - Registrate para votar

Feijóo, el presidente indolente | Periódico DiagonalO Partido Popular presenta unha emenda no Parlamento á Lei de medidas fiscais e administrativas para modificar a Lei 2/2015 de emprego público de Galiza e mudar as condicións de acceso á segunda actividade ao persoal funcionario do servizo de incendios forestais.

 

A Xunta emprega o grupo parlamentario popular para non dar a cara e impoñer por vía lexislativa a razón que non lle da o xulgado e, en definitiva, actuar pola porta de atrás e non negociar esta modificación das condicións laborais coa representación do persoal.

De saír adiante a emenda do PP, engadiríase como requisito para poder solicitar o pase á segunda actividade “ter desempeñado 25 anos de servizo nestas escalas ou especialidades”. Terían límite para poder acceder á segunda actividade o persoal técnico, axente forestal e ambiental e bombeiro forestal ao se funcionarizar. 

Por iso dende a CIG, vimos de solicitar aos grupos parlamentarios que se opoñan a esta emenda (ou que a retiren no caso do PP) e que reclamen unha segunda actividade áxil e eficaz para o persoal de incendios.

A oportunidade da autoemenda do PPFeijóo se desmiente a sí mismo: en 2006 acusó a la Xunta de ser responsable  de muertes en incendios forestales

Recentemente, o día 3 de decembro de 2020, Tribunal Supremo emitiu sentenza firme (número 1083/2020) dando un paso máis no asentamento deste dereito xa que se estaba a denegar ao persoal non fixo, cando o é unha grande parte do cadro de persoal pola alta temporalidade que acumula o servizo. Nesta sentenza recolle textualmente: 

“En definitiva, os traballadores temporais e indefinidos non fixos da Xunta de Galiza teñen dereito a acceder á segunda actividade nas mesmas condicións que os traballadores fixos, sen que elo desnaturalice as súas relacións laborais”.

Ademais, a limitación dos 25 anos de servizo e a condición do traballador/a temporal ou indefinido non fixo non está contemplada no V Convenio Colectivo para o persoal laboral da Xunta de Galiza, que só establece coma requisito para acceder á segunda actividade ter cumpridos os 60 anos. 

Pero a funcionarización masiva acordada pola Xunta - CCOO - UGT é inminente, polo que non se poderían acoller ao V convenio, e moito nos tememos que a Xunta siga na sua teima de obstaculizar o dereito ignorando o risco para a seguridade e saúde do seu persoal. 

Dende a CIG defendemos que a segunda actividade non debe estar vinculada ao número de anos de exercicio na extinción de incendios como di a emenda, se non que debe relacionarse co aumento dos efectos lesivos sobre a saúde como consecuencia do traballo nos incendios forestais e os accidentes laborais, que se dan en maior número en traballadores/as con mais idade. Coa nova idade de xubilación estamos xa hoxe apagando lumes con 66 anos e medio! 

Ademais, non aplicar ben a segunda actividade impide a renovación do servizo de incendios, cun cadro de persoal cada vez máis avellentado, o que afecta á operatividade xeral.

Pero non nos esquezamos que non é só esta a cuestión que está a prexudicar ao persoal do SPIF no acceso ao desenvolvemento doutra actividade: a Xunta de Galiza é a responsable da non convocatoria do concurso de traslados para o persoal laboral que permitiría o acceso a outras actividades de menor risco e da non implementación da xubilación anticipada polos coeficientes redutores. Triple prexuízo para o persoal do SPIF.

En Xornal Galicia nos gustaría recibir tu Opinión ?

Envíanos tus comentarios..!


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600