O SLG prepara mobilizacións para denunciar a prohibición de mercados labregos en varios concellos coa escusa da Covid-19 e poder beneficiar a superficies como GADIS; FROIZ etc.

Información
Galicia | 19 Enero 2021 | 1332 votos | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

El Gobierno de Feijóo esta gastando el dinero público del paritorio de  Verín, a través de Mar Sánchez Sierra en chiringuitos de "catas y mieles"  76.000 EUROS EN QUESOS y no hayA pesares de ser máis segura a compra neste tipo de feiras, hai gobernos municipais que decretan o seu peche sen que exista ningunha orde oficial que obrigue a facelo

Na última semana, houbo varios concellos que decretaron unilateralmente o peche dos seus mercados de alimentos labregos (Melide, Cambre...), adoptando unha decisión que, sen dúbida, pode contribuír a incrementar os contaxios por dúas razóns:

En primeiro lugar, está demostrado que son máis seguras as actividades ao aire libre, onde habitualmente se celebran este tipo de feiras alimentarias; que en recintos pechados como supermercados. Ademais, mentres que nos primeiros non existe contacto entre os consumidores e os produtos até que se fai a compra, nos segundos é imposibel controlar a manipulación dos produtos nos andeis por quen queira tocalos ou manosealos. En segundo lugar, nas localidades onde se decretou a prohibición, estase forzando ás persoas que facían a compra en mercados labregos a acudir aos supermercados, incrementándose o aforo destes e, polo tanto, os riscos de contaxio por aglomeración.Mar Sánchez Sierra recomienda queso contra el cornavirus burlándose de  decenas de ancianos sin ningun tipo de atención ni de protección confinados  y aislados. - Xornal Galicia

Dende o SLG non entendemos a fixación dalgúns gobernos municipais por entorpecer e prohibir a venda directa de alimentos cando, ademais, se trata de produtos de primeira necesidade cuxa circulación está protexida polas autoridades comunitarias e estatais en tempos de crise. Ademais, nin sequera existe unha orde oficial, nin do Goberno do Estado nin da Xunta, que obrigue a pechar estes mercados de alimentos. Se a lóxica é a de reducir a incidencia de contaxio, daquela deberían pechar os supermercados, pois o perigo de contaxio é maior neles. Obviamente, aducirase que se debe garantir o fornecemento de bens de primeira necesidade á poboación: Pois, precisamente, iso é o que fan os mercados labregos que, ademais, venden produtos de cercanía, favorecendo o desenvolvemento económico local e, especialmente, o rural. Por iso, esiximos que non se force a aquelas persoas que elixe mercar produtos locais a ir aos supermercados e que se garanta a súa libre elección á hora de consumir produtos labregos de cercanía.Montes de Galicia. Contacta y Reserva. Para ver Gallegos/as que viven en  los MONTES, campaña de Mar Sánchez Sierra en la que solo le falta regalar  un Búho y un móvil con

Dende o Sindicato Labrego Galego, estamos estudando a posibilidade de organizar accións de protesta e de desobediencia civil para denunciar unha prohibición que non se pode xustificar dende ningún punto de vista, ao tempo que os nosos servizos xurídicos traballan na elaboración dunha demanda legal polos riscos sanitarios que supoñen estas prohibicións e por impedir o desenvolvemento dunha actividade que se debe garantir en tempos de crise, tal e como ordena explicitamente a Unión Europea nas súas instrucións para facer fronte á Covid 19

La Xunta lanza una campaña institucional con dinero público para PROTEGER  LOS CHINCHES DE LOS ALBERGUES PÚBLICOS del Camino de Santiago que depende  de Mar Sánchez Sierra - Xornal Galicia