Tome nota Sr Lage tuñas; O concelleiro do BNG de Celanova doa os 430 euros das axudas de custo á Residencia

Información
Galicia | 15 Diciembre 2020 | 1813 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Leopoldo Rodríguez. Concelleiro do BNG en CelanovaO concelleiro do BNG de Celanova, Leopoldo Rodríguez, formalizou o ingreso de 430 euros na conta que a Residencia San Carlos ten aberta nunha entidade bancaria de Celanova para recibir doazóns. Rodríguez cumpre así o acordo da asemblea local nacionalista que decidiu destinar todos os fondos que o BNG recibiu do Concello desde a declaración da pandemia en marzo até finais de ano e que se corresponden coas axudas de custo por asistencia aos plenos da corporación.

 

Queremos subliñar deste xeito o noso compromiso cunha solución desde o público para a Residencia, solución na que vimos traballando desde maio en conversas coa dirección, as familias, as traballadoras e o resto de grupos”, explica Leopoldo Rodríguez. “Son todos os fondos que recibimos do Concello e decidimos destinalos aí e facelo público porque acreditamos que no exemplo atáopase a mellor maneira de influír sobre o sentir das veciñas e dos veciños”.

Subvención e representación no Padroado

No escrito que o Padroado rexistrou hai un mes no Concello de Celanova figura o número de conta para recibir doazóns, que acompaña a solicitude dunha subvención de 72.000 euros para compensar o efecto da pandemia nas contas da Residencia San Carlos. As necesidades económicas da Residencia son evidentes, mais o atraso na decisión do Padroado de abrir o órgano de xestión a familias e representantes políticos -anunciado un día antes do pleno de novembro- non ten por que impedir, en opinión do BNG, que a corporación municipal axilice os acordos e conceda a subvención, así como designe á concelleira ou concelleiro que ha de acompañar o alcalde no Padroado da Residencia.

O BNG insistirá en que se designe canto antes esta representante e que o alcalde asuma a súa responsabilidade (18 meses despois de acceder á Alcaldía segue evitando formalizar coa súa sinatura a aceptación do cargo de membro nato que lle corresponde a esta Alcaldía). Tamén volverá a convidar os grupos a acordar a concesión da axuda pública, algo ao que renunciaron tanto o goberno municipal como o PP en novembro nas semanas previas o pleno e que levou ás nacionalistas a retirar a moción que demandaba estes acordos.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600