O SLG denuncia ante o Consello Galego de Benestar o recorte de camas de enfermería nas residencias de maiores

Información
Galicia 11 Diciembre 2020 1086 votos - Registrate para votar

Alarma Nacional en la gestión de las residencias de la tercera edad por  CHEFI "Josefina Fernández " ahijada de Perly "Corina Porro" Pladesemapesga  exige a Feijóo la retirada de la medalla queA representante do Sindicato Labrego Galego no Consello Galego de Benestar (CGB), Margarida Prieto Ledo, criticou o funcionamento deste órgano colexiado por non dar resposta aos problemas fundamentais que arrastra Galiza na xestión de diversos servizos sociais que son imprescindibles para miles de familias. Fíxoo no transcurso do pleno do CGB celebrado onte, 10 de decembro, para debater o borrador da orde pola que se regula a presentación e a comunicación das reclamacións en materia de servizos sociais. Para Prieto, este era un tema importante, pero non fundamental nin urxente en comparación con outros como a xestión dos servizos sociais durante a Covid 19 ou a reforma do modelo das residencias de maiores.

 

Neste senso, Margarida Prieto lembrou que, cando se renovou este Consello hai dous anos, acordouse a constitución dun grupo de traballo para facer unha análise conxunta sobre a situación do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia (SAAD) en Galicia. “Pero, tras dous anos, a día de hoxe segue sen constituírse ese grupo de traballo”. Da mesma maneira, tampouco se fixo nada destacable na xestión dos servizos sociais durante a pandemia. “Dende o Sindicato Labrego Galego”, lembra Prieto, “en xullo solicitamos un pleno extraordinario do CGB para coñecer a xestión durante a crise pola Covid 19, cales eran as previsións de reapertura e os plans de continxencia de cara a dotar de medios humanos e económicos os servizos sociais co fin de avaliar e mellorar as políticas nesta materia e poder facer propostas de modificación que axuden a melloralos. Ademais, precisamos coñecer que tipo de medidas de apoio se estiveron a dar ás persoas beneficiarias dos centros encargados de facilitar os servizos e ás súas familias”. Fíxose esta proposta nun intre no que servizos esenciais como centros de día ou escolas infantís estaban pechados, descoñecendo cando se ían abrir. Facer esa xuntanza era moi importante, tanto para recibir información como para compartir achegas dende as organizacións sociais. Porén, a día de hoxe, non se convocou este pleno nin se incluíu na orde do día dos que se celebraron dende aquela ningún punto que atinxise render contas ou dar información sobre a xestión dos servizos sociais durante a pandemia.

REDUCIÓN DAS CAMAS DE ENFERMERÍA NAS RESIDENCIAS DE MAIORES DO 5% AO 3%

Feijóo pretende blanquear para otros fines en las 4 cuentas de donativos  del coronavirus con el asunto " anónimo " los 2.000 millones de euros que  enviará Pedro Sánchez a Galicia fin - Xornal Galicia

Un tema co que foi moi crítica a representante do SLG foi a redución da esixencia de camas de enfermaría nas residencias do 5% ao 3% da capacidade autorizada, posibilitándolle ás entidades xestoras que soliciten a reconversión do exceso de camas de enfermaría como camas para residentes. “Esas camas son fundamentais para dar unha correcta e completa atención ás persoas residentes. Érano antes da pandemia e sono máis agora. En vez de recortar, deberían aumentarse e reforzarse”, expresou Margarida Prieto, ao que engadiu que, diante desta decisión “temos que volver denunciar o recorte e precarización dun servizo que consideramos esencial. Nos últimos meses, máis da metade das persoas falecidas pola Covid 19 na Galiza eran usuarias de residencias de maiores. Deberiamos estar pensando en reformar fondamente o modelo residencial que temos, e non en incrementar os riscos con máis recortes para as persoas usuarias de residencias”. Estas camas eran fundamentais antes da pandemia e sono agora máis que nunca, xa que poden ser utilizadas cando un usuario precisa máis vixilancia e atención por estar en período de adaptación, para regular unha medicación, por desenvolver síntomas compatibles coa Covid e comprobar a súa evolución para certificar se deriva nunha pneumonía ou en Covid.

Finalmente, Margarida Prieto foi moi crítica con outros problemas que arrastran os servizos sociais na Galiza: falta de prazas, listas de espera interminables e xente que falece agardando pola asignación dun recurso que nunca chega, Lei de Dependencia sen desenvolver, a asunción de todas estas responsabilidades por mulleres -na maior parte dos casos- que deben engadir o oficio de coidadoras ás súas moitas responsabilidades minando a súa saúde, asignación de prazas de residencia a máis de 100 Km do domicilio, o que equivale a abandonar aos nosos seres queridos, etc. “No Consello Galego de Benestar deberiamos falar de como chegar cos servizos sociais a todos os fogares que o precisen, de como dotar con centros de día todos os concellos de Galiza, de garantir prazas de residencias preto dos domicilios e accesibles a toda a cidadanía, etc. Diso é do que deberiamos estar falando hoxe aquí, máis alá de dotar dun código de identificación a un proceso de reclamación ou poder facelo por vía telemática”.

EN DEFENSA DUN MODELO MÁIS HUMANO E ACHEGADO ÁS FAMILIAS E AO RURAL

EDITORIAL; TOMA EL DINERO Y CORRE. - Xornal Galicia

Dende este punto de vista, o SLG seguirá defendendo no Consello Galego de Benestar un modelo de residencias para o coidado e atención de persoas maiores máis humano, coa redución do tamaño dos centros de maneira que se poidan manter máis residencias en activo e cunha maior proximidade ao domicilio. Desta maneira, dotariamos o medio rural dun servizo imprescindible debido ao forte envellecemento poboacional e illamento que sofren moitos dos seus habitantes. A maiores, deberíanse reforzar servizos como a axuda a domicilio ou o acollemento para garantir que as persoas maiores e as súas familias poidan decidir a mellor opción que precisan para ser coidadas.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600