As mariscadoras e mariscadores da ría de Muros-Noia estamos desoladas e embargados por un sentimento de orfandade da Conselleira do Mar, Rosa Quintana

Información
Galicia | 30 Noviembre 2020 | 1692 votos | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Xornal Galicia y Pladesemapesga entregara toda la documental y pruebas del  hermanamiento de Rosa Quintana con Turquía a la nueva Fiscal Laura Kövesi,  Anticorrupción de Europa. - Xornal GaliciaAs mariscadoras e mariscadores da ría de Muros-Noia estamos desoladas e embargados por un sentimento de orfandade, de abandono ao destino, por parte de institucións públicas que foron creadas precisamente para atender e auxiliar certas tarefas consubstanciais coa actividade do marisqueo. 

 

Unha vez máis, e xa van moitas, o INTECMAR, organismo dependente da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, nesa persistente dinámica de deficiente funcionamento, non alerta ao seu debido tempo á Confraría de Noia, para que os mariscadores e mariscadoras se absteñan de ir a faenar o xoves, 26 de novembro, xa que os índices de toxina, segundo se sabe agora, estaban moi por enriba do legalmente permitido. Tal neglixencia tivo como resultado que as capturas vendidas en lonxa foran devoltas polos compradores, unha vez que se decataron que o marisco se encontraba en mal estado. Diante desta calamitosa situación, desde Plademar entendemos que debe ser a Xunta de Galicia, e non a Confraria de Noia, a que se faga responsábel dos danos económicos causados pola inoperancia do INTECMAR. 

É sabido que a actividade do marisqueo é moi inestábel e as campañas sempre están suxeitas a unha serie de adversidades, como son as toxinas, enchentes, mortes do marisco por causas estrañas, etc. Rosa Quintana no explica el sistema “Videoguard” ni los (1.8 millones de  euros) del que nada se sabe y el Gobierno de Feijóo destina hoy más de  4.500.549,26 € para más de

Esta campaña 2020/2021 comezou moi frouxa: marisco escaso e prezos baixos. Ten tamén o agravante da pandemia do COVID 19, coa hostalaria semifechada e os mercados que normalmente absorbían esta produción, neste momento están en crise. É precisamente nestas situacións críticas que, o que se agarda das institucións públicas é unha axuda de úrxencia para poder superalas. É triste, mais a Xunta de Galicia fai ao revés, en lugar de botar unha man o que fai e manter o estado de mal funcionamento do INTECMAR, para complicarlle ainda máis a vida ao sector marisqueiro. 

Desde a plataforma PLADEMAR, reclamamos por enésima vez un funcionamento completo e apropiado do INTECMAR, para que no futuro non volten acontecer episódios tan calamitosos para a xente do mar.