PLADEMAR leva o risco de afección mineira á ria de Noia-Muros ao Parlamento Europeo

Información
Galicia 23 Noviembre 2020 1662 votos - Registrate para votar

Rosa Quintana Carballo Conselleira do Mar IGNORADA POR Europa logra el  desprecio de Bruxelas por la pesca gallega en los calederos internacionales.Piden que se tomen medidas inmediatas para evitar a contaminación con metais pesados

A actividade mineira vulnera as directivas europeas de calidade da augas e impacto ambiental

Noia, novembro de 2020.- O Comité de Peticións do Parlamento Europeo fixo pública esta semana a petición de iniciativa popular iniciada pola plataforma PLADEMAR Muros-Noia, que está aberta a adhesións para calquera persoa interesada. A iniciativa, centrada no problema de contaminación por metais pesados causado pola mina San Finx (Lousame), responde a preocupación de PLADEMAR por que a inacción das Administracións puidese levar a que a contaminación chegase aos bancos marisqueiros, principal medio de vida de forma directa de 1500 familias e puntal de toda a economía da zona.

 

Mesmo que os productos da ría están hoxe en perfectas condicións e baixo estrito control dos organismos responsables, a ameaza de reactivación da mina e o risco de falla crítica das presas de residuos mineiros abandonadas, “é unha espada de Damocles sobre a ría, que podería voltar aos niveis de metais pesados que houbo nas épocas de actividade, pechada en 1990, e que poderían implicar o peche da ría ao marisqueo durante anos ou décadas”, afirman desde PLADEMAR.

Contaminación durante o século XX

PLADEMAR decidiu elevar a denuncia ao Parlamento Europeo en xuño logo de coñecerse os resultados publicados pola prestixiosa revista científica “Quaternary International” froito dunha investigación da Universidade de Vigo sobre os impactos da actividade humana sobre a ría de Muros-Noia. O estudo, que analizou testigos de sedimento da parte media da ría, encontrou evidencia que demostra que a contaminación da ría por metais pesados durante grande parte do século XX está directamente vinculada á actividade mineira en San Finx.

No fin do século XIX produciuse un primeiro pico histórico nas concentracións de cobre, cinc e chumbo, debido ao inicio da actividade, mentres que ao longo do século XX os aumentos significativos de contaminación por estes metais están vinculados cos momentos de máxima producción nestas minas de Lousame, situadas a tan só 7 km da ría. A volta á actividade, en ausencia de avaliación de impacto ambiental e medidas para restaurar as presas de residuos e impedir as drenaxes ácidas de mina, podería levar á volta deste episodios de intensa contaminación.

PLADEMAR esixe medidas cautelares

Desde PLADEMAR esíxese á Administración que se promova un estudo para coñecer de forma precisa o impacto que contaminación mineira pode ter sobre a ría, de modo que se adopten decisións informadas que poidan previr futuras afectaccións aos bancos de marisqueo. Consideran ademais a necesidade de adoptar medidas inmediatas, e lembran da existencia de técnicas comprobadas e utilizadas noutras partes do mundo que impedirían de forma inmediata a continuidade das verteduras ilegais de augas residuais de mina, incluíndo o recheo de labores subterráneas (“backfilling”), o selado de galerías de desaugue mediante ‘bulkheads’ e o taponado de pozos e chemineas de ventilación.

 

Web: https://www.europarl.europa.eu/petitions/es/home

Petición nº0761/2020 

Xornal Galicia le informa que;

Por cuestiones de peso informático
retiramos los PDFs del servicio online?

Ello no significa que no pueda acceder a ellos.
Solicite aquí el pdf de su interés..!


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600