O GRUPO SOCIALISTA URXE A MODIFICAR A RISGA PARA FACELA COMPATIBLE CO INGRESO MÍNIMO VITAL

Información
Galicia | 19 Noviembre 2020 | 1445 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

María del Mar Sánchez Sierra pretende vender como un favor a Galicia la  CODICIA y AVARICIA suya y la del Presidente de la Xunta convertida en una  falsa renuncia de subida de


A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, fixo hoxe un chamado a modificar a Lei galega que regula a Renda de Integración Social para facela compatible coas axudas do Ingreso Mínimo Vital. Así o dixo no debate dunha pregunta en Comisión na que lle reclamou á Xunta a “posta en marcha dun plan de acción galego potente que rescate a tódalas persoas en risco tras a crise sanitaria”.

 

Ortega deu a voz de alarma diante do incremento do número de persoas en risco de pobreza e exclusión en Galicia, unha situación derivada da crise dos primeiros anos da década e agudizada polo impacto do coronavirus. O ano pasado, 1 de cada 5 menores galegos estaban nesta situación, cunha pobreza infantil e xuvenil estimada do 30,3 por cento, e iso antes da chegada da pandemia e a incorporación de moitas familias que nunca tiveran que recorrer a estes mecanismos, dixo.

A parlamentaria socialista advertiu de que “é preocupante que aínda non teñamos compatibilidade entre a Risga e o IMV”, o que obriga ás persoas que máis o necesitan a abandonar a axuda autonómica, de pouco máis de 400 euros de base, para optar ás axudas estatais. Lembrou que a axuda galega é excluínte e non permite recibir máis axudas, pero non así o Ingreso Mínimo Vital, polo que chamou a impulsar unha reforma da Lei da Risga que permita facela compatible.

Tamén instou a impulsar unha Lei do Terceiro Sector de Acción Social co obxecto de impulsar a súa profesionalización e blindaxe, garantindo que “estas entidades que loitan día a día contra a pobreza poidan desempregar o seu traballo dunha forma máis eficiente e con garantías”.

Plan integral

A responsable socialista reclamoulle á Xunta que poña en marcha un plan de acción que garanta a “integración e transversalidade de tódalas consellerías” para poñer sobre a mesa tódalas axudas dispoñibles de forma coordenada entre tódolos departamentos do goberno para atender a unha situación de emerxencia. Reclamou unha iniciativa específica de Galicia que “conleve non só a parte de política social, senón tamén económica e de emprego”.

Instou a dispoñer de tódolos resortes da administración autonómica para “batallar sobre todo nos fogares con menores, para non permitir que vivan situacións de pobreza ou teñan que pasar dificultades” e “romper co círculo perverso da pobreza”. Tal e como sinalou EAPN na Comisión de Reactivación, lembrou, a pobreza moitas veces é hereditaria, por canto os menores en fogares sen recursos non teñen accesibilidade real en igualdade de oportunidades.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600