A Federación Galiza Cultura condena as declaracións do presidente da Xunta e o Conselleiro de cultura contra o galego
A Federación Galiza Cultura condena as declaracións do presidente da Xunta e o Conselleiro de cultura contra o galego
Información
13 Noviembre 2020996 votos - Registrate para votar
Desde a Federación de Asociacións Culturais “Galiza Cultura” queremos expresar a nosa condena polas declaracións do presidente da Xunta e do Conselleiro de Cultura contra o noso idioma. A súa saída na defensa do Español como lingua ameazada polo actual goberno do Estado co fin de prestarse aos intereses partidistas dos seus xefes na capital é un insulto á nosa dignidade como país con lingua de seu, que si realmente está ameazada e prohibida no ensino polo propio goberno autónomo.
Por enriba empregan a actual crise sanitaria que tan tráxicas consecuencias está a ter como escusa para arremeter contra un suposto xesto a prol do galego. Botando ao lombo da nosa lingua tamén a culpa dunha epidemia e da falla de recursos e accións eficaces para combatela, algo no que quen isto fai si ten certa responsabilidade.
Se ben é falso que o goberno español lexisle a favor da normalización da nosa lingua o que si é un feito é a actual lexislación do goberno galego prohibindo o seu emprego nas materias científico-técnicas no ensino. Como é as consecuencias na redución de falantes e no aumento do descoñecemento da nosa lingua entre a mocidade. Os datos están aí e son froito da política lingüicida do Sr. Feixoo.
Desde o asociacionismo cultural galego consideramos que un país teña como presidente a un inimigo do seu idioma é mostra de que é un país con ben pouca autoestima e indica o moito traballo que nos queda por facer a todas e todos os que lle queremos para que se queira a si mesmo e se libre de darlle poder a persoas que o odian e o desprezan.
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)