Marina Ortega sinala que a Xunta “está fallando incluso nas súas residencias de xestión directa de maiores” e reclama “máis recursos humanos e materiais” ante unha situación “moi grave”
Marina Ortega sinala que a Xunta “está fallando incluso nas súas residencias de xestión directa de maiores” e reclama “máis recursos humanos e materiais” ante unha situación “moi grave”
Información
25 Octubre 20201527 votos - Registrate para votar
A secretaria de Política Social do PSdeG, Marina Ortega, urxiu hoxe á Xunta a que tome medidas nas residencias de maiores ante a aparición de máis de 50 contaxios “nun só día” no xeriátrico de Barbadás.A secretaria de Política Social do PSdeG, Marina Ortega, urxiu hoxe á Xunta a que tome medidas nas residencias de maiores ante a aparición de máis de 50 contaxios “nun só día” no xeriátrico de Barbadás.
Trátase, como remarcou a dirixente socialista, dunha residencia pública e de xestión directa da Xunta, polo que este brote pon de manifesto que “están fallando os protocolos da Consellería de Política Social, que ten a responsabilidade de garantir a seguridade sanitaria dos nosos maiores”. “Despois do que aconteceu na primeira vaga da pandemia, a Xunta xa debería ter tomadas todas as medidas de precaución para evitar contaxios masivos”, incidiu Marina Ortega, para quen é “moi grave” o que está ocorrendo. Tras facer fincapé en que a Xunta “está fallando incluso nas súas residencias de xestión directa”, a responsable de Política Social do PSdeG reclamou un reforzo nos recursos humanos e materiais dos centros de maiores. “De xeito urxente e inmediato, a Xunta debe incrementar o persoal de atención aos maiores nos centros”, subliñou, consciente da importancia de “protexer ás traballadoras e aos usuarios das residencias”. Neste escenario, Marina Ortega requiriu á conselleira de Política Social que compareza “inmediatamente” no Parlamento para dar conta do que está sucedendo.
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
Marina Ortega sinala que a Xunta “está fallando incluso nas súas residencias de xestión directa de maiores” e reclama “máis recursos humanos e materiais” ante unha situación “moi grave”
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)