Información
Galicia

Novas trabas da Consellería de Educación para poñer en marcha o servizo de comedor e aula matinal

Información
23 Octubre 2020 824 votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Elecciones 12J: Un nuevo triunfo de Feijóo en el que solo faltaron las  gaitas | España | EL PAÍSDende a ANPA do CEIP Otero Pedrayo de Vigo, queremos trasladarlles o noso profundo estupor, decepción, desconcerto e desacordo, na maneira na que están xestionando o inicio do comedor escolar, en concreto do noso CEIP dende a Xunta de Galicia (aínda que sabemos que outros moitos centros se atopan na mesma situación que nós).

 

Parécenos un chiste de mal gusto. Pese a todas as xestións e esforzos que se están a facer dende a Federación Olívica de ANPAS (FOANPAS) vémonos na necesidade de trasladarlles de primeira man, o noso sentir como ANPA e membros da Comunidade Educativa.

As nosas fillas e fillos levan dende que comezaron as clases (o día 10 de setembro) sen comedor, o que implica que as familias estamos sufrindo as consecuencias (p.e. ter que pedir reducción da xornada laboral, deixar os nosos traballos, pagar a terceiros para que as/os recollan á hora de xantar, ...).

O servizo de comedor, así como a aula matinal, son servizos que se ofertan e publican dende o CEIP, para que as familias fagamos a matrícula, sabendo que a nosa necesidade de conciliar vida laboral e familliar, está cuberta, así como para as familias con escasos recursos (e que son becados polo Concello de Vigo), sendo esa comida a principal para moitas crianzas ao longo do día, e tendo xa hai tempo a lista de becados de comedor do Concello de Vigo.

Podemos entender que a situación provocada polo COVID-19, desestabilizou todos os protocolos que tiñamos ata agora, pero xa se sabía dende o curso pasado, que nos íamos atopar nesta "nova realidade" no 2020/2021.

Preguntámonos que estivo a facer a Consellería en todo este tempo (con todos os respetos) cando sabemos que os protocolos ían cambiando así como se achegaba o momento de abrir as aulas, e incluso unha vez abertas.

Preguntámonos como é posible que os comedores xestionados pola Xunta leven en funcionamento dende o primeiro día do curso, e o noso a día de hoxe, non teña unha data certa de inicio.

Preguntámonos por que a Xunta ten un protocolo para os seus comedores, e a nós, asociación sen ánimo de lucro, que únicamente realizamos a función que debería estar a realizar a Administración Educativa, non se nos faga un protocolo específico para comedores con xestión indirecta, tendo que ser a Federación (FOANPAS) quen o elabore pola omisión da Xunta, que é quen conta cós técnicos, expertos en educación e sanidade, que son os profesionais que deben elaboralo, non as nais e pais.

Preguntámonos por que dende Inspección se alienta aos directores a non asinar o Protocolo realizado por FOANPAS e validado pola Consellería de Sanidade e finalmente, pese a moitas trabas, pola Consellería de Educación.

Preguntámonos por que agora se solicita que as monitoras do comedor realicen unha PCR antes de incorporarse ao seu posto de traballo, cando nos consta que nos comedores xestionados directamente pola Consellería de Educación, non tiveron ese requisito. Se deben realizarse unha PCR, debera ser a Consellería de Sanidade, quen as citase para elo, e non recaer nas ANPAS o grande custo que supón facelas de xeito privado, porque seguramente, visto o visto, tampouco servirían ao noso inspector de zona. Este requisito, como nais e pais, parécenos ben que así se requira, pero debe asumilo a Consellería de Sanidade, non nós como ANPA, cando supón un requisito "sine qua non" para que comecen os servizos de comedor e aula matinal.

Xa estamos moi cansos, como directiva, de ver noticias na prensa alentadoras, diciendo que os comedores xa abren, cando NON é certo Señores e Señoras da Xunta, NON é certo no noso CEIP.

As familias se poñen en contacto con nós desesperadas, e nós non podemos darlles resposta, e iso, como representantes das familias, é desalentador. Ver que unha Administración, a que sostemos entre todas e todos cós nosos impostos, a que debera defender un "Ensino público e de calidade" non é que nos teña abandonados ou nos ignore, é peor, xogan con nós, a pedir cada vez mais documentos, trámites, ... somos nais e pais, que voluntariamente, e restando tempo ás nosas familias, procuramos que as cousas funcionen ben dentro do noso CEIP, pero a propia Administración, de quen depende o noso CEIP, non atende as nosas necesidades.

Se isto consiste en que a Administración, prefire que a ANPA deixe de xestionar o comedor, para que sexa unha xestión directa, non teñen mais que comunicárnolo, e de inmediato deixamos a xestión, con todos os trámites e responsabilidade que se nos esixe, se así o comedor comeza a funcionar de inmediato, que é o que precisan as nosas familias. Se pola contra, prefiren que sexamos nós os xestores, DEIXENNOS XESTIONAR, non nos poñan mais trabas, facilítennos a posta en marcha do comedor e aula matinal, dunha vez por todas.

Xa son varias as familias que se deron de baixa do noso CEIP por faltar dos servizos ofertados de comedor e aula matinal, non queremos que se valeiren as nosas aulas, para que se enchan as do ensino concertado, pero parece que á Xunta pouco lle importa esta situación (non será que esa é unha das finalidades de tantos atrancos?) cando vemos que pasa o tempo e as familias non temos solución.

Pero solución non temos en máis aspectos importantes do CEIP aos que non atopamos respostas, como é a solicitude de ampliación das liñas de transporte escolar 2 e 3, ou que pasará se varios mestres teñen que estar en cuarentena (como pasou no IES de Beade, onde asisten os nosos fillos maiores) non mandarán sustitutos? Teremos ao alumnado esquecido pola administración nunha vez mais. Reformas pendentes de realizar no edificio, obsoleto polo paso dos anos, e en condicións deplorables (como son os aseos), tendo que asumir algunhas reformas o propio Concello de Vigo, por deixadez da Administración Autonómica, ou a última petición que fixemos, e da que se fixo eco a prensa, sobre a escasa limpeza e hixiene do noso CEIP no horario de mañá, dotando a unha soa persoa para limpar tres plantas, nove aseos e todas as aulas (limpeza ou reforzo de desinfección que está asumindo o Concello de Vigo, moi por enriba do que pide no seu protocolo a propia Xunta) sen que merme a limpeza pola tarde.

Simplemente é vergoñento, que a Xunta mire cara outro lado, en lugar de velar polos dereitos das nosas fillas e fillos. Non pedimos máis que cumplan seu compromiso como Administración, que atendan a necesidade imperiosa de abrir un comedor e un aula matinal que é imprescindible para as familias, que colaboren no que sexa posible con nós, e que esa apertura non se retrase máis aló do 2 de novembro, porque entón será esta ANPA a que PLANTE os servizos de comedor e aula matinal definitivamente, polas trabas postas pola Administración Autonómica.

Non estamos dispostos a dar a cara pola Administración novamente ante as familias, aprazando unha vez máis, o inicio do servizo de comedor e aula matinal, por motivos alleos á está ANPA e que son únicamente responsabilidade desa Administración.

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

El Gobierno de España cedió las competencias de la Ley de publicidad Institucional a Galicia en el año 2009, cuyo gobierno del PPdeG se niega a decretar y legislar para que la asesora del PPdeG pueda despilfarrar y ultrajar los dineros públicos y europeos bajo lo que ellos mismos consideran IMPUNIDAD, violando la Ley de publicidad y de Transparencia.

.Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago