
Pero iso non foi unha anécdota. Non era a primeira vez que o Intecmar chegaba tarde, nin foi a última.

Seguramente debido a esa sentencia do 2017 a Xunta anunciou pouco despois que o Intecmar traballaba nunha investigación a tres anos vista, e cun presuposto de 153.000€, para aplicar un método químico de análise de toxinas lipofílicas e para poder adiantarse ás emerxencias.
3 anos despois dese anuncio nada se sabe desa investigación.
Precisamente esta semana que pechou a ría pola presencia da toxina tivo que ser o laboratorio privado contratado pola Confraría o que detectase esa toxina, xa que aparte de todo o relatado anteriormente e da sentencia do 2017 o Intecmar segue sen traballar o domingo e os mariscadores temos que ir ó luns a traballar sen saber oficialmente se hai toxina o non. O servicio de laboratorio o temos que pagar dous veces (unha con diñeiro público e outra con diñeiro dos mariscadores a través da Confraría ) pola deficiente xestión do Intecmar.
Desde Plademar consideramos que tense que invertir máis na prevención e na investigación e que ten que mellorar moito a eficiencia do Intecmar. Tamén consideramos que este organismo debería tomar mostras e analisalas o domingo para que os mariscadores poidamos ir ao mar os luns coa seguridade de que o produto que collemos cumpra con todas as garantías sanitarias e non teñamos máis episodios como os ocorridos ata agora.

"Por todo o relatado a plataforma de mariscadores Plademar Muros-Noia acudiu ao Valedor do Pobo que se faga eco deste problema e inste ás autoridades a arreglar todas as deficiencias que tanto nos prexudican"