DETIDO O XERENTE DO CENTRO TECNOLÓXICO DA CARNE POR PRESUNTA PREVARICACIÓN, FALSIDADE DOCUMENTAL E MALVERSACIÓN

Información
Galicia | 24 Septiembre 2020 | 1254 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

La prensa Internacional apunta a feijóo y Mar Sánchez Sierra como los  próximos imputados en México a la luz de las vinculaciones con la  criminalidad internacional. - Xornal GaliciaO portavoz de Medio Rural do Grupo Socialista, Martín Seco, esixiulle hoxe á Xunta que investique a situación da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne, logo da detención, esta semana, do seu xerente e media ducia de directivos por presunta prevaricación, falsidade documental e malversación de fondos públicos.

 

Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei do PP en Comisión na que, dixo, “precisamente hoxe”, pedían crear unha Fundación de Investigación Agraria sustentada na base da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne obxecto do proceso xudicial. Seco sinalou que “Galicia non necesita máis chiringuitos ao servizo de Baltar e de Feijóo” e reclamou cambiar a proposta por unha emenda socialista para investigar ao Centro Tecnolóxico, que foi rexeitada polo PP.

Advertiulles ao Grupo Popular que “esperen a ter a certeza de que os seus compañeiros de partido investigados xudicialmente non cometeron delitos contra a Facenda Pública con posibles desvíos de fondos”. Puntualizou que “do contrario están poñendo ao mundo da investigación en Galicia aos pés dos cabalos, e vostedes serán cómplices por non ter adoptado medidas”.

Esixiulles que “actúen con escrúpulos e un pouco de sentido”, e sinalou as “dúbidas que nos xera un proceso xudicial desta envergadura” sempre “respectando a presunción de inocencia dos detidos”.

Fundación a extinguir

O responsable socialista acusou ao PP de propoñer agora unha nova Fundación sustentada no Centro Tecnolóxico da Carne que, ademais de ser susceptible dunha investigación xudicial pola xestión do goberno galego, “curiosamente figuraba no listado de entes a extinguir” que presentou o propio Feijóo en 2012.

Criticou esta nova proposta diante da “falla de compromiso amosada polos sucesivos gobernos do PP, que non apostou pola incorporación de novos investigadores e na formación destes como sucedera na época preautonómica”. Criticou os “continuos bandazos” do PP “coa excepción da Lexislatura do goberno socialista, que fixo un esforzo por rexuvenecer plantillas e modernizar os centros de investigación”.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600