Imprimir

SOS Outeiro de Rei

Información
Galicia | 24 Septiembre 2020 | 2031 Votos

catasos 24 9 2020

Gustaríanos lanzar un #SOS á zona de #OuteirodeRei a raíz da inminente aprobación do proxecto de construcción da Liña de Alta Tensión de 132 KV do parque eólico Cordal-Ousá, da que o seu proxecto se atopa agora mesmo en exposición pública por afección a máis de 350 hectáreas de terreos, atravesando un espazo protexido da Rede Natura 2000 Parga-Ladra-Támoga denominado como "Complexo Húmido da Terra Chá", rozando e deteriorando a contorna de áreas de especial interese paisaxístico como o é a área recreativa Penas de Rodas, invadindo fincas con vivendas e bens de especial interese Patrimonial que forman parte do conxunto histórico artístico do Concello así como espazos de bosque autóctono, de cuxa valía natural fomos testemuñas esta fin de semana.

Espazos cunha gran biodiversidade e que día tras día se van degradando pola falta de protección medioambiental, pola falta dunha política forestal rica e diversa, pola especulación do monte, polos incendios reiterados e pola desidia das Administracións reinantes.EXCLUSIVA: El Gobierno del PPdeG en la Xunta reconoce en documento público  que no dispone de profesionales para controlar el Medio Ambiente ni la  contaminación, solo existen para cursos y masteres privados. -
Ata cando imos tolerar a destrucción da nosa contorna? Non deberan ser estes os espazos a protexer? A que agarda a Administración Local para interceder pola defensa dos valores inmateriais? Poñer carteis co eslogan "as árbores son vida tenlles cariño" non basta, máis ben é publicidade engañosa se á hora da verdade se mira para outro lado.
#somosoquedefendemos
social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Galicia
Visto: 2031