Imprimir

ECOLOXISTAS EN ACCIÓN DENUNCIA AS OBRAS DA CIDADE DEPORTIVA DO CELTA

Información
Galicia | 23 Septiembre 2020 | 1625 Votos

 Fascistas" ou "PP fose da sé" foron algunhas de consígnalas coreadas contra  a comitiva de Feijóo e a súa asesora Mar Sánchez Sierra. - Xornal Galicia

A Xunta de Goberno Local do Concello de Mos outorgouna súa sesión do 29 de novembro de 2018, licencia de obras para a construcción de dous campos de fútbol. E posteriormente o 31 de outubro de 2019 unha licenza de obras para a construción duns “vestiarios e instalacións auxiliares imprescindibles”. Atendendo ás informacións reflectidas en prensa, as instalacións auxiliares ás que se refire a licenza refírense, exclusivamente, a un pequeno almacén vinculado aos vestiarios, entendido como instalación imprescindible para o uso autorizado.

 

A actuación está desenvolvendose en terreo rústico de especial protección forestal polo que están suxeitas  ao réxime estabrecido nos artículos 31.1.a), 32, 34.2.b), 35, 36 e 39 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia. Precisamente pola súa especial protección, están sometidos a un réxime de intervención e usos do chan moi estrito, que debe ser en todo momento respectado e preservado. Ditas actuacións só contan coas licencia directas otorgadas polo goberno do Concello de Mos, xa que tanto a Modificación Puntual do PXOM como o Plan Especial Deportivo express co que o Concello de Mos pretende dar cobertura xurídica ás obras non están aprobados.

 

Todo parece indicar que  a sociedad Real Club Celta de Vigo, S.A.D poderín estar a realizar obras ou actuacións ben sen contar coa oportuna  licenza ou orde de execución -por non estar cubertas polas dúas licenzas outorgadas polo  Concello de Mos ás que se aludiu nos epígrafes precedentes-, ou ben excedendo desde un punto de vista material as condicións autorizadas nas dúas licenzas -tanto desde a óptica das obras autorizadas, como dos usos do chan, e tamén no que se refire aos terreos afectados-.

 

Ecoloxistas en Acción esixe ao Concello de Mos que garanta en todo momento o cumprimento das previsións da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do chan de Galicia, da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e da demais normativa complementaria en materia de urbanismo, medio ambiente e ordenación do territorio, considerando que estamos ante terreos clasificados como de chan rústico de especial valor forestal. Ecoloxistas en Acción apercibe ao Concello de Mos que de non cumplir e facer cumplir a lei adoptará medidas legais.

 

Ecoloxistas en Acción solicita  a APLU que efectúe as oportunas comprobacións, coa finalidade de verificar se as actuacións reflectidas neste documento e nos seus arquivos complementarios, desenvoltas en chan rústico de especial protección forestal, están a realizarse de conformidade coas dúas licenzas orixinariamente outorgadas ao Real Club Celta de Vigo, S.A.D., ou ben se exceden das mesmas, tanto desde a óptica das obras autorizadas, como dos usos do chan, e tamén no que se refire aos terreos afectados.  No caso de que se estean realizando actuacións á marxe da dúas licenza outorgadas, adóptense conforme ás previsións da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do chan de Galicia, as medidas de restablecemento da legalidade urbanística infrinxida que puidesen corresponder. E, en particular, a paralización das obras, e o inicio dos oportunos expedientes de disciplina urbanística, en función da natureza das infraccións hipoteticamente cometidas.

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Galicia
Visto: 1625