Paloma Castro denuncia que un vídeo reflicte cazadores en grupo sen máscara e con menores ante a pasividade do Gobernod e Feijóo que prefiere presentar libros de Romay Beccaría

Información
Galicia | 21 Septiembre 2020 | 1338 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

19-09-2020 Votos:878 Noticia destacada de Galicia Redacción Xornal de Galicia

La Fundación Abanca fue utilizada por María del Mar Sánchez Sierra para un escenario propio de una película " "IL Divo " de Paolo Sorrentino, adaptada por Marcial Dourado experto en OFF SHORE.+

OS SOCIALISTAS LEVAN AO PARLAMENTO O INCUMPRIMENTO DAS MEDIDAS SANITARIAS POR UNHA CUADRILLA DE CAZA DE CARNOTA PUBLICADAS EN REDES SOCIAIS

Paloma Castro sinala que o vídeo reflicte actividades en grupo sen máscara e con menores dentro do grupo de caza

 

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2020. A parlamentaria socialista Paloma Castro presentou unha pregunta á Xunta polo incumprimento das medidas sanitarias nunha cuadrilla de cazadores, logo dunha partida celebrada o domingo 30 de agosto e que foron publicadas en redes sociais. A responsable socialista sinala que aquelas imaxes reflicten un encontro en grupo, no que participaban menores de idade, sen mascarillas nin distancia de seguridade.

O vídeo amosa, sinala, “os graves incumprimentos das medidas sanitarias da Xunta de Galicia no que se denomina bautismo de caza, onde unha das persoas implicadas, sen máscara, frota o sangue dun xabaril abatido sobre outro cazador, ao que suxeitan dous compañeiros máis, estes tamén sen máscara hixiénica nin ningún tipo de distancia interterritorial”.

A responsable socialista sinala que tanto estas como outras mostras de incumprimento das medidas de seguridade por este colectivo, “evidencian un terrible desprezo pola saúde pública e a seguridade médica da cidadanía galega, expoñendo a persoas veciñas e familiares por desfrutar dunha xornada de caza”.

Castro pídelle ao goberno que explique as medidas que vai tomar con respecto a este vídeo, identificando e sancionando ás persoas que incumpren ou determinando medidas sanitarias específicas para a realización de batidas, monterías ou calquera outra modalidade de caza, á vista do sucedido. Finalmente, pregunta pola modificación da Lei de Caza de 2013, que “non especifica idade mínima para participar como acompañantes ou espectadores”.