Jácome blequea a todos os ourensans que non sexan seus afines as informacions públicas sobre o Covid, obligandos a acudir a webs fora do concello

Información
Galicia | 07 Septiembre 2020 | 2098 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Jácome será el alcalde de Ourense y Baltar seguirá al frente de la  Diputación

Dende Ourense Mellor, queremos denunciar a falta de información e transparencia que dende o Concello e as súas redes / páxina web estamos a sufrir respecto á situación de COVID-19 na nosa cidade.

 

Durante a pasada fin de semana, e mentres dende os perfiles persoais do Alcalde, déronse diversos datos sobre os gromos de COVID que están aparecendo, o resto da cidadanía acudía a medios locais ou galegos, así como o perfil da Xunta para coñecer o estado e datos. A día de hoxe, parece que soamente poden ter acceso a esta información aquelas persoas afines que sigan ao Alcalde (ou non estén bloquead@s), pero non ás cidadáns que empreguen as comunicacións oficiais como a páxina web.

O uso partidista que dende o comezo emprega o Alcalde, dista moito da súa Promesa Eleitoral: “Gestión diligente y eficiente, Despilfarro Cero, Corrupción Cero, menos burocracia, licencias express, respuestas inmediatas a la ciudadanía, transparencia máxima a través de la web municipal (todos podrán ver todo), captación de propuestas a través de un “brainstorming global” (porque las 100.000 personas de Ourense piensan más que sus 27 concejales).”

Non o decimos nós, foron eles no seu programa. Esiximos a activación da información local a través duns mecanismos eficientes e abertos a toda a cidadanía.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600