O Goberno de Feijóo abre as escolas infantís sen garantir a seguridade diante do coronavirus como xa ten feito nas residencias da terceira idade
O Goberno de Feijóo abre as escolas infantís sen garantir a seguridade diante do coronavirus como xa ten feito nas residencias da terceira idade
Información
27 Agosto 20202606 votos - Registrate para votar
O DOG do 17 de agosto vén de recoller a resolución da Consellería de Política Social para a apertura das escolas infantís o 1 de setembro baixo a sombra da Covid-19, sen a existencia dun protocolo preventivo válido e consensuado.
A Xunta acorda abrir os servizos e centros de atención á infancia como son as escolas infantís 0-3 anos, os puntos a atención á infancia, casas niño, espazos infantís e ludotecas, sen un protocolo válido de actuación preventivo consensuado nin tratado no respectivo Comité de Seguridade e Saúde Laboral. O texto de protocolo que teñen pendurado na web de Politica Social é de imposible cumplimento se non se amplían os medios humanos e materiais. En conclusión: a Xunta quere unha incorporación a custe cero.
Destacamos que non se fixeron as preceptivas Avaliacións de riscos laborais dos centros ao risco biolóxico do COVID19 e que tampouco se adaptou o seu “Plan de reactivación no ámbito infantoxuvenil en relación ca infección polo virus SARS-COV2.
Demandas da CIG:
Asegurar a protección das traballadoras, especialmente sensibles e embarazadas.
Negociación do Protocolo de incorporación cos cativos/as.
Avaliación de Riscos Laborais e adaptación do protocolo a cada centro de traballo por persoal especializado xa que cada centro é diferente.
Establecer unha persoa directora e coordinadora para COVID-19 formada e liberada da actividade docente nas aulas.
Negociación de carteleiras de traballo e revisión das solicitudes de conciliación e flexibilización do persoal.
Axustar o horario dos centros á matricula actual ó establecemento de burbullas ou illas de convivencia que dificulten o espallamento o contaxio negociada co persoal.
Dende a CIG-Autonómica entendemos que ás escolas infantís igual que outros servizos públicos deben funcionar coa máxima normalidade posible pero parecenos unha irresponsabilidade social intolerable da Xunta de Galiza que se faga sen seguridade.
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)