Información
Galicia

O Sindicato mayoriatario de Galicia anuncia escalada de movilizacións ante o anuncio de Feijóo no que pretende obrigar a nenos de seis anos a estar 10 horas con mascarillas nas aulas

Información
21 Agosto 2020 2734 votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

 Feijóo financió con dinero público una presunta estafa de ...Tal e como xa se avanzara nas concentracións do mes de xullo e ante o empeoramento da situación sanitaria, o sindicato maioritario no ensino público galego proporalle ao resto de centrais e ao resto da comunidade educativa todas as accións necesarias para que o curso non comece nestas condicións.

A CIG-Ensino proporá mobilizacións en setembro e folga no inicio do curso se a Xunta non rectifica o protocolo para a volta ás aulas

 O rexeitamento ao Protocolo da Consellaría de Educación é tan amplo, por parte non só do profesorado senón das familias e da sociedade en xeral, que Feijóo volveu á estratexia de parapetarse detrás doutros, neste caso do goberno de Madrid, ao que lle pide unidade de acción desatendendo as súas propias competencias. O anuncio da máscara obrigatoria a partir de 6 anos é unha medida insuficiente e coa que busca de novo non investir nin un só euro en redución de ratios e na contratación de persoal docente e non docente, as únicas medidas que poden contribuír a garantir a seguridade e a distancia social na escola.

Superada xa a metade do mes de agosto, ás portas da arrancada do curso escolar 2020/21 e transcorridas tan só unhas semanas da imposición unilateral do protocolo da Consellaría de Educación, que veu a luz 48 horas despois das eleccións do 12 de xullo, as incertezas son máximas entre o conxunto da comunidade educativa e do profesorado galego en particular. Todas as críticas e temores que, con rigor e contundencia, formulamos desde o sindicato ao documento das Consellarías de Educación e Sanidade, son hoxe compartidas moi maioritariamente pola sociedade. Neste tempo puxéronse en evidencia as contradicións, carencias e temeridade do Protocolo para a volta ás aulas e o anuncio propagandístico de onte do presidente Feijóo vén a demostrar que a contestación social á actuación da Xunta está a ser contundente.

Propaganda e medidas de baixa calidade

A CIG-Ensino considera totalmente insuficiente a medida anunciada onte por Núñez Feijóo de obrigar ao alumnado maior de 6 anos de idade e a todo o profesorado a usar máscara en todo momento dentro dos centros de ensino. Esta é unha cortina de fume máis como a que vén de empregar ante a súa inacción na situación de transmisión comunitaria que se está a dar na área sanitaria da Coruña e que redunda no seu obxectivo inicial de non investir nin un euro en reducir as ratios e en contratar máis profesorado para desdobrar grupos, así como outro persoal docente que reforce os labores de limpeza, desinfección e vixilancia do cumprimento das normas de hixiene e de prevención que serán necesarios o próximo curso tanto dentro dos centros de ensino como nos servizos complementarios. Tal e como recomendan todas as autoridades sanitarias, o distanciamento social, evitar espazos cerrados con aglomeracións e mal ventilados e o uso de máscara seguen a ser as medidas máis efectivas para minimizar o risco de contaxio. Esta última medida por si soa non é suficiente para acadar este cometido, máis aínda cando a poboación que a vai ter que levar non ten a madurez nin a capacidade suficiente para manexala axeitadamente durante unha media de seis horas diarias de clase. Así pois, e malia o agravemento da situación sanitaria no noso país, con abrochos sen controlar, Feijóo segue instalado na política do custe 0 e non trata o ensino público como un servizo esencial que hai que protexer e garantir ao máximo.

Con respecto ao anuncio de contratación de profesorado de reforzo e de habilitación de 144 novas aulas o vindeiro curso trátanse de medidas ordinarias que non son unha resposta á situación provocada pola COVID-19. Por un lado, os contratos programa ARCO veñen desenvoléndose desde o ano 2014, financiados polo Fondo Social Europeo e o Ministerio de Educación. Son contratacións de docentes de reforzo a media xornada para unha minoría dos centros educativos públicos e dentro destes só para unha parte do alumnado (4º, 5º e 6º de EP, 1º e 4º da ESO. Non estamos polo tanto diante de ningún esforzo adicional, senón na mera aplicación dos fondos xa existentes. A principal novidade o vindeiro curso será que estes compañeiros e compañeiras farán o seu traballo en horario lectivo, e non polas tardes, o que aínda agrava a situación, xa que o que fai a Xunta é empregar fondos adicionais para que, actúen como profesorado de apoio, só nun número reducido de centros, descoidando o seu cometido previsto.  

Por outra banda, a ampliación das aulas de primaria é outro exemplo de manipulación informativa por parte da Xunta. A Consellaría, segundo información recabada pola CIG-Ensino, aumentará esas aulas única e exclusivamente para poder cumprir coa legalidade da ratio máxima de 25 alumnos e alumnas por aula en primaria, non porque estea optando por unha redución de ratios como demandamos. Eses pouco máis de dous centos mestras e mestres non é unha decisión que responda á situación sanitaria que vivimos senón ao cumprimento da legalidade, como tamén fixeron outros cursos académicos. En todo caso esa cifra é totalmente irrisoria se a comparamos coa doutros gobernos autonómicos que falan de miles de novos docentes para poder atender a nova situación nas aulas. 

A estratexia de delegar responsabilidade de novo

O presidente galego volve parapetarse detrás doutras administracións para non exercer as competencias efectivas que ten a Xunta de Galiza en educación. De novo deriva no goberno español o desgaste que supón a xestión educativa e sanitaria desta pandemia pedindo unha actuación única a nivel estatal con respecto á volta ás aulas. Pois ben, o único documento que existe na actualidade deste tipo recomenda distancias físicas nas aulas de 1,5 metros e ratios de 15 ou 20 alumnos como máximo. Nada diso recolle o protocolo da Consellaría. Por que se fala entón dun marco estatal se o único existente non se ten en conta? Para enredar, para non aparecer como quen toma as decisións e poder culpar ou, cando menos, compartir a culpa coa administración do Estado. 

Non sermos cómplices, a única resposta á altura das circunstancias 

Tal e como avanzamos nas concentracións convocadas o mes de xullo (por unanimidade sindical) naquelas condicións sanitarias e sen cambios no protocolo, o curso non podería comezar con normalidade. O certo é que o protocolo segue igual, a Consellaría non se moveu mais a situación sanitaria si se agravou e todo indica que aínda será peor en setembro. Faise imprescindíbel pois unha resposta de mobilizacións do profesorado e do conxunto da comunidade educativa con convocatoria de folga no comezo de curso se non hai ningunha rectificación por parte da Xunta. A CIG-Ensino así llo proporá ás outras centrais sindicais nunha reunión a vindeira semana.

É obvio que este non é un asunto meramente sindical. Estamos a falar da saúde do profesorado, do alumnado, das súas familias e de toda a sociedade en xeral. Desde a CIG-Ensino promoveremos concentracións, manifestacións, xornadas de folga e todas aquelas propostas que consideremos necesarias para frear o protocolo e obrigar a Xunta a dar marcha atrás na súa aplicación. O aumento da distancia física nas aulas, a contratación de profesorado para dar resposta a todos os desdobres, a asunción de responsabilidades por parte da Consellaría, a contratación de máis persoal non docente (limpeza, subalterno, comedor...) e a garantía dunha resposta universal e sen discriminacións no caso de termos que acudir á teledocencia parcial ou completa deben movernos e implicarnos. O profesorado non será cómplice da temeridade de quen nos goberna; será responsábel co noso servizo público como docentes, coa educación presencial segura e coa saúde pública.

 

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

El Gobierno de España cedió las competencias de la Ley de publicidad Institucional a Galicia en el año 2009, cuyo gobierno del PPdeG se niega a decretar y legislar para que la asesora del PPdeG pueda despilfarrar y ultrajar los dineros públicos y europeos bajo lo que ellos mismos consideran IMPUNIDAD, violando la Ley de publicidad y de Transparencia.

.Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago