Denuncian que o confinamento decidido pola Xunta é moi inferior ao establecido nos plans de desescalada e remata xusto o día previo á xornada electoral, do 12 de xullo.

Información
Galicia | 10 Julio 2020 | 2586 Votos | Correo electrónico | Imprimir

Resulta evidente que o presidente da Xunta pon os intereses partidarios por enriba dos dereitos dos cidadáns e da propia saúde colectiva. A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP) quere facer pública a súa preocupación pola decisión da Consellería de Sanidade de confinar á poboación da Mariña de Lugo

 

polo abrocho de Covid-19, que xa chega a 182 casos activos, a día de hoxe, despois de que se detectase o primeiro o día 23 de xuño. Este confinamento afecta a unha comarca moi poboada, na que viven 68.0520 persoas en 14 concellos. Sobre esta decisión queremos manifestar:

 

1.- Non hai ningunha razón epidemiolóxica nin de Saúde Pública que poida xustificar a decisión dun confinamento da comarca por un período de só cinco días. O Govern de Catalunya, nun caso moi similar en Lleida, ven de decretar un confinamento de 15 días, que é o prazo establecido como período de incubación do virus.

 

2.- O tempo de confinamento decidido pola Xunta é moi inferior ao establecido nos plans de desescalada e remata xusto o día previo á xornada electoral, prevista para o vindeiro 12 de xullo.

 

3.- Consideramos que existe unha clara intencionalidade política nesta decisión. O presidente de Xunta pretende facer ver que actúa con decisión fronte ao Covid-19 e adopta esta medida, absolutamente inxustificable por razóns epidemiolóxicas. Pretende, ademais, que os mariñenses teñan a posibilidade de participar no proceso electoral para non ter que demorar os comicios.

 

4.- A apresurada convocatoria de eleccións, cando a pandemia ainda non estaba resolta, e o prazo establecido para o confinamento (moi inferior ao que establecen os protocolos) constitúen un atentado contra o dereito da poboación a votar en liberdade, e tamén atenta contra a saúde dos habitantes, que verán expostos a un maior risco de contaxio.

 

Resulta evidente que o presidente da Xunta pon os intereses partidarios por enriba dos dereitos dos cidadáns e da propia saúde colectiva.

social youtube xornalgalicia   feed-image