Feijóo non te protexe do Covid, permite que te contaxes nos Centros de día públicos galegos
Información
10 Julio 20201592 votos
Denuncian o grave risco que supón a apertura ordenada pola Xunta dos Centros de día públicos do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar.
Traballladores e traballadoras destes Centros de día denuncian que "a unha semana da apertura dos centros, estes non contan co material de desinfección e limpeza necesarios, cos equipos de protección individuais nin o persoal suficiente para a correcta atención e tampouco existen unhas indicacións claras aos provedores dos servizos".
Tras o esforzo realizado durante a Emerxencia Sanitaria, isto pode quedar en nada se a Xunta de Galicia non pon remedio a unha situación "de elevado risco para os usuarios dos Centros de día, os propios traballadores e traballadoras dos centros e os familiares e achegados."
Estamos a ver a situación descontrolada que está acontecer na zona da Mariña e pode quedar en anecdótica se temos en conta que a maior parte dos contaxios durante a Emerxencia Sanitaria producíronse en Centros de día e residencias. A Xunta expón ao traballadores e traballadoras, usuarios e cidadáns da Galiza a un risco moi elevado se non dota ao persoal das medidas de seguridade oportunas e os protocolos necesarios para esta nova situación. É por isto que "A pesar do anuncio electoralista da Xunta de Galicia, os traballadores e traballadoras dos centros de día da Consellería teñen claro que estes centros aínda non deberían abrir. No caso contrario, a saúde e integridade do persoal, usuarios e familias veranse claramente comprometidos, co risco que isto supón para todos os habitantes da Galiza."
El Gobierno de España cedió las competencias de la Ley de publicidad Institucional a Galicia en el año 2009, cuyo gobierno del PPdeG se niega a decretar y legislar para que la asesora del PPdeG pueda despilfarrar y ultrajar los dineros públicos y europeos bajo lo que ellos mismos consideran IMPUNIDAD, violando la Ley de publicidad y de Transparencia. Ese vacío legal ordena la prevalencia de la contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia. ver más...+ Documentos descagables;
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)