Grande respaldo da veciñanza á concentración da Plataforma para a Defensa da Sanidade do Rosal para ir a votar en contra de Feijóo

Información
Galicia 08 Julio 2020 1773 votos Regístrese para votar
social youtube xornalgalicia   feed-image

concentracion plataforma 02

 

As mobilizacións repetiranse semanalmente ata que a Consellería de Sanidade dea solución aos problemas de asistencia sanitaria no municipioAs mobilizacións repetiranse semanalmente ata que a Consellería de Sanidade dea solución aos problemas de asistencia sanitaria no municipio
O Rosal, 9 de xullo de 2020.- Importante respaldo da veciñanza á mobilización convocada pola Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal para este mércores 8 diante do centro de saúde rosaleiro como medida de protesta ante a falta de resposta por parte da Consellería de Sanidade ante as reiteradas denuncias sobre o deterioro da asistencia primaria no municipio.

 A través desta concentración reivindicábase que se cubran as vacacións dos facultativos para evitar que o centro de saúde quede tan só con dúas médicas durante os meses de verán e agrave unha situación xa insostible nestes intres, cunha demora media de 20 días nas citas de atención primaria e sen posibilidade de atender as consultas domiciliarias. Tamén se reclamou solución aos problemas de traslado ata o Hospital Álvaro Cunqueiro dos enfermos crónicos, que se están a facer sen atender ás medidas de seguridade e prevención necesarias, así como a outros problemas recollidos nun informe trasladado á Consellería como a carencia de espazos ou equipamentos.Estas mobilizacións repetiranse cada semana ata que a Concellería de Sanidade da Xunta de Galicia dea resposta e solución a todos estes problemas.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600