Milleiros de traballadores de Alcoa e auxiliares chegados da Mariña Lucense protestan este mércores ante a sé da Xunta de Galicia, en Santiago de Compostela, para reclamar unha “intervención” fronte ao despedimento colectivo que prevé levar a cabo a empresa na planta de aluminio de San Cibrao.
Cunha forte presenza policial, os manifestantes lanzaron ovos, pintura e fariña contra a entrada do edificio e os axentes apostados ás portas de San Caetano.