Información
Galicia

O sector audiovisual galego amosa a súa desconformidade co Plan de reactivación do Goberno de Feijóo (PPdeG) en Cultura e Turismo

Información
08 Junio 2020 1454 votos

audiovisualgalegounidocontrafeijooO sector audiovisual galego amosa a súa desconformidade co Plan de reactivación da Consellería de Cultura e Turismo
As Asociacións representativas do tecido profesional e empresarial que forman a base do sector audiovisual galego, nomeadamente: Asociación de Actores e Actrices de
Galicia (AAAG,) Academia Galega do Audiovisual (AGA), Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG), Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI),
Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización (CREA), Coordinadora Galega de Festivais de Cinema (PROXECTA) e Clúster Audiovisual Galego, consideran
que o Plan de reactivación dos sectores turístico e cultural, presentado o pasado 7 de maio por parte da Xunta de Galicia, non responde ás necesidades reais do sector.

Entenden que este plan e o conxunto das medidas que o conforman non reflicte unha estratexia cultural definida e non soluciona os problemas derivados da Covid-19.

Estas entidades sinalan que este programa de reactivación pon o foco no turismo e
relega a un plano secundario ao sector cultural. As oportunidades de negocio que marca
o contexto só recollen o turismo mentres que os datos de relevancia cultural están
incompletos e as importantes cifras do sector audiovisual nin se contemplan. A meirande
parte do Plan está articulado ao redor da marca Xacobeo 21 cando debera estar
configurado en torno ás urxencias do sector.


O Plan presentado non contén ningún tipo de medida asistencial ou específica para as
necesidades derivadas da crise sanitaria. O paquete de medidas recollidas no eido
audiovisual non son máis ca compromisos pendentes previos á situación da Covid-19,
publicación de liñas de subvención xa consolidadas como desenvolvemento ou foros e
mercados. Cuestións como a ampliación nos tempos e a flexibilización nas diferentes
liñas de axudas ordinarias non deberan recollerse como medidas de apoio, son máis ben
trámites administrativos que nada teñen de excepcional nesta situación. En definitiva, as
medidas de reactivación das que fala o título do Plan son inexistentes.
Segue sendo imprescindible traballar nun fondo de continxencia ou rescate que poida
paliar os efectos da Covid-19 sobre as rodaxes en marcha que se viron interrompidas ou
adiadas; ou sobre as rodaxes futuras que sufrirán un incremento de custes asociado aos
protocolos de seguridade necesarios para garantir un espazo de traballo seguro. Ao
mesmo tempo, cómpre atender aqueles filmes afectados pola parálise na súa distribución
que deixa en suspenso o seu camiño comercial e retorno financeiro.


A súa vez, resulta fundamental poñer a disposición unha liña de I+D vencellada a facilitar
e posibilitar a difusión en liña dos festivais de cinema galego.
Recordar tamén que seguimos necesitando unha Film Commision Galega que poida
atraer rodaxes e que consolide o noso territorio como un plató de referencia.
Son tamén necesarias medidas asistenciais directas para as persoas que traballan no
sector, tanto por conta propia como allea, para asegurar a súa supervivencia.
Igualmente precisa é unha liña de crédito específica dirixida ás empresas para dar
cobertura ás necesidades do sector en Galicia neste momento tan complexo.
Dada a falta de análise e diálogo por parte da Xunta de Galicia na elaboración do Plan
de Reactivación da Cultura, o conxunto das asociacións e entidades sectoriais do
audiovisual galego vense obrigadas a traballar nun paquete de medidas que lle serán
propostas á Xunta nas próximas semanas.


En definitiva, o sector audiovisual no seu conxunto reclama unhas medidas proporcionais
ao seu impacto socioeconómico, ao seu crecemento nos últimos anos, á súa proxección

internacional e ao seu labor como garante da lingua e do patrimonio cultural galego.

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago