Información
Galicia

Renden homenaxe ás corporacións democráticas represaliadas en 1936

Información
29 Julio 2016 2472 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Dous retratos de José López Bouza e Ánxel Casal, presidente e vicepresidente da Deputación da Coruña paseados no verán de 1936, presidiron o acto de homenaxe e lembranza dos membros das corporacións locais represaliadas despois do golpe militar de 1936 que se desenvolveu este xoves día 28 na sede institucional. O presidente Valentín Formoso, a vicepresidenta, Goretti Sanmartín e o neto de Alfredo Suárez Ferrín, alcalde da Coruña asasinado, Alfredo Suárez, defenderon a necesidade de recuperar a memoria como acto de xustiza coas vítimas da represión

.Cunha ofrenda floral diante das imaxes de José López Bouza e Ánxel Casal rematou o acto no que a Deputación da Coruña quixo homenaxear a alcaldes, membros das corporacións municipais e traballadores e traballadoras públicas nas entidades locais que padeceron a represión despois do golpe militar de 1936. Familiares das vítimas e un nutrido grupo de membros das corporacións municipais, entre os que se atopaban numerosos alcaldes e alcaldesas, participaron no acto que tiña como obxectivo contribuír á recuperación da memoria democrática dos concellos.

Cando se cumpren 80 anos do golpe do 36, o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, subliñou na que a Deputación pretende "contribuír a recuperar a memoria e a dignidade dos milleiros de persoas que sufriron con dureza a represión franquista por defender a liberdade e a democracia no noso país" e cuxos nomes "intentaron ser borrados da historia durante máis de 40 anos".

Na súa intervención, Formoso repasou o nome dos alcaldes coruñeses que foron paseados ou executados ao inicio da Guerra Civil e lembrou especialmente a figura do ferrolán José López Bouza, presidente da Deputación en 1936, executado irregularmente o 30 de agosto dese ano no cemiterio de Canido.

Valentín González considerou "unha honra" suceder no cargo ao expresidente "exemplo de dignidade e defensa dos valores democráticos", cuxo retrato non foi incorporado á Galería de Presidentes do hemiciclo provincial ata o ano 2006, baixo a presidencia de Salvador Fernández Moreda.

"Hoxe é un día feliz porque, aínda que sexa simbolicamente, José López Bouza e Ánxel Casal volven a presidir un acto da Deputación da Coruña", afirmou González Formoso en referencia aos retratos de ambos políticos, presidente e vicepresidente da Deputación en 1936, que hoxe se atopaban ante mesa presidencial.

"É a nosa forma de expresarlles agradecemento, respecto e recoñecemento pola súa labor. A súa memoria e os ideais de liberdade e democracia que defenderon coa súa vida permanecen vivos entre nós e gozan, como vemos nesta sala, do recoñecemento do conxunto da sociedade coruñesa", afirmou o presidente provincial coruñés, que destacou que o acto de hoxe "non ten ánimo de desquite, máis si de xustiza, ao recoñecer o compromiso democrático de todas estas persoas para manter viva a chama da liberdade nos momentos máis escuros da nosa historia recente".

A metade do funcionariado da Deputación foi depurado

Pola súa parte, a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, defendeu a necesidade de "borrar o esquecemento" e recuperar a memoria polo que comezou citando os nomes dos alcaldes asasinados que estaban en exercicio do seu cargo en xullo de 1936 cando o levantamento militar que deu inicio á ditadura. Entre eles, Goretti Sanmartín citou ao alcalde de Mañón, Jesús Castaño Galdo, ao de Fisterra, Cipriano Fernandez, de Cedeira, Manuel Fernández, de Sada, Antonio Fernández, de Santiago, José Germán, de Betanzos, Tomás López, de Serantes, Alejandro Porto, de Mugardos, Juan Prieto, de Cabanas, Álvaro Puentes, de Monfero, Pablo Rico, de Fene, Ramón Souto, da Coruña, Alfredo Suárez Ferrín ou de Arzúa, Juan Manuel Vidal, unha listaxe á que sumou nomes como os de Ánxel Casal ou Xaime Quintanilla, que foran alcaldes de Santiago e Ferrol e formaban parte do goberno da Deputación ou Alfonso de Cal, anterior alcalde de Valdoviño e José María Novo, que ocupara o cargo en Betanzos. Sumo una súa intervención outras formas de represión como as que padeceron os alcaldes de Ares, Ferrol e Miño, Benito Feijóo, Antonio Santamaría e Rogelio Pérez Medín que fuxiron a Francia no bou Ramón e na lancha Golondrina.

En canto aos representantes da Deputación, Goretti Sanmartín lembrou tamén presidentes anteriores a López Bouza como Alfredo Somoza, que conseguiu exiliarse despois de vivir once anos oculto ou Manuel Insua que padeceu prisión. Sinalou tamén con respecto á historia da institución da que é vicepresidenta que a "depuración do seu cadro de persoal foi estarrecedora. No prazo de dous anos e medio, o 50% do funcionariado provincial foi destituído por ser considerado sospeitosos".

"Para botar luz, para recuperar a memoria e homenaxear a aquelas persoas a que lle debemos a existencia hoxe de institucións democráticas, desde a Deputación da Coruña queremos lembrar con este acto non só os seus nomes senón tamén a obriga dos gobernos de recuperar a súa propia historia e vencer o silencio imposto durante tanto tempo", sinalou Goretti Sanmartín ao tempo que anunciou a elaboración dunha investigación que complete unha listaxe rigorosa de cargos municipais represaliados despois de 1936. "Queremos facer xustiza porque só así podemos garantir a dignidade das institucións par ao noso futuro. Cumprimos, pois, a obriga de nomear e facémolo co orgullo de contribuír a pagar a débeda que a sociedade ten coas vítimas", sinalou.

Agradeceu tamén o labor desenvolvido polo movemento asociativo e o compromiso de historiadores e historiadoras á hora de descubrir, "que no noso país non houbo guerra senón unha represión brutal que nos descabezou e decapitou as ideas máis avanzadas, as biografías máis modernas, as persoas máis implicadas na creación dun mundo mellor e máis igualitario".

O acto desenvolveuse na véspera do pleno en que se aprobará, co apoio de todos os grupos con representación, a declaración institucional para proceder a retirar as honras a Francisco Franco que deixará de ser Fillo Predilecto da provincia da Coruña e presidente de honra da Deputación. "Ninguén pode manter títulos honoríficos ao autor da máis dura das represións que coñece a nosa historia", afirmou Goretti Sanmartín.

O neto de Suárez Ferrín: "Para pedoar, o que agrede ten que pedir perdón"

"Uns, terminada a contenda chamada cruzada, foron recoñecidos como mártires e tiveron honras e prebendas e, dos outros, dos nosos, non se podía falar e se alguén falaba dun asasinado sempre lle dicían que algo malo tería que ter feito", afirmou na súa intervención Alfredo Suárez o neto do alcalde da Coruña asasinado, Alfredo Suárez Ferrín. "Esquecer nunca e perdoar é tan difícil... Para perdoar o que agrede ten que pedir perdón e ninguén o fixo nos corenta anos de ditadura", sinalou, como voz dos familiares presentes no acto.

Lembrou Alfredo Suárez o medo que padeceron as familias e denunciou que, nove anos despois da aprobación da Lei da Memoria continúa a haber "asasinados nas cunetas e nos montes e só nos dediquemos a cambiar nomes de rúas".

Lamentou que continúe sen ser anulada a sentenza que condenou o seu avó, Alfredo Suárez Ferrín, porque, segundo dixo "parece ser que a lei non o permite" a pesares de ser emitida por "militares que estaban fóra da lei". Alfredo Suárez rematou a súa intervención cunha lembranza "a todos os que non están" máis o desexo " a todos de que non perdades a memoria", dixo, dirixíndose ao público que participou, a seguir, na ofrenda floral coa última das intervencións de 2naFrontera, un grupo que recupera a memoria a través da música.

O presidente e o vicepresidente da Deputación da Coruña, José López Bouza e Ánxel Casal, foron paseados no verán de 1936. Canda eles, alcaldes, membros da corporación e traballadores e traballadoras dos concellos padeceron a represión despois do golpe militar que impuxo unha ditadura de catro décadas. A Deputación da Coruña réndelles homenaxe cun acto institucional que terá lugar este xoves, 28 de xullo ás 12.00 horas.
Representantes municipais dos concellos da Coruña, corporación da Deputación e familiares serán parte do grupo de asistentes que participarán no acto de homenaxe que este xoves tributará a Deputación da Coruña aos cargos institucionais represaliados despois do golpe militar de 1936.
No acto, ademais do presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e a vicepresidenta, Goretti Sanmartín, intervirá un neto do alcalde da Coruña, Alfredo Suárez Ferrín –asasinado en 1936- e contará cunha interpretación musical.
O acto terá lugar a véspera de que o pleno da Deputación aproba a declaración institucional que retirará as distincións a Francisco Franco e insírese dentro da liña de recuperación da memoria histórica que defende o goberno provincial.


La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago emite Auto de Procesamiento contra Miguel Delgado para darle proceso a la Querella de Mar Sánchez Sierra..."que exige 150.000 euros, y borrar toda la información pública del PPdeG su nombre y cargos públicos.."  y de postre METERLO EN LA CÁRCEL UN MÍNIMO DE OCHO AÑOS Y MEDIO (+) por que...

Xornal Galicia esta libre de periodistas "mermeleros"..nos negamos a recibir fondos públicos a dedo y sin concurrencia pública "...(+)- Convenios...(+)  - Diario.es(+) - Xunta.(+) - XornalGalicia.(+) - Google...(+)  - Tercera...(+)  - Público.es(+)Cuac FM(+)  
Todas las querellas y denuncias contra Miguel Delgado y Pladesemapesga van encaminadas a que se borre la información veraz, constratada y documentada del Partido Popular de Galicia...SOS Internacional.+ 
Según Javier Marzal Mercader  los funcionarios públicos han creado un nuevo negocio que consiste en recibir indemnizaciones por denunciar que han sido injuriados (insultados) o calumniados (acusados de haber cometido un delito a sabiendas de su falsedad) ver artículo completo..(+).

ARDICES DOCUMENTALES DE LOS SERVICIOS ADMINISTRATIVOS PARA QUE PROPEREN LAS QUERELLAS CRIMINALES CONTRA MIGUEL DELGADO antecedentes y hechos literales documentados en resoluciones oficiales de la Xunta de Galicia

La notoriedad y el «negocio» de las querellas - ABC.es

La Sala Segunda del Supremo no se cansa se aclarar que no se puede basar una querella en recortes de prensa, un aldabonazo que ha recibido más de una vez la acusación popular por excelencia:

Finales del año 2017,-   Lo   Publicado por Xornal Galicia con los pdf descargables a finales del año 2017 meses antes de la "trama administrativa orquestada para que prosperara la querella criminal en manos de la Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela ..   

15 de Marzo de 2018.- El día 15 de Marzo de 2018 Miguel Delgado presenta escrito de información pública PR-100A que es respondido por el 22 de Marzo de 2018 Secretario xeral Técnico de Sanidad-Sergas Sr Alberto Fuentes Losada el dia 22 de Marzo de 2018 suspendiendo el plazo para notificar al Sr Rafael Álvaro Millan Calenti. Copia descargable. 

23 del Marzo de 2018 .- Justo un día después de estas fechas el Sr Rafael Álvaro Millan Calenti presenta querella criminal contra Miguel delgado, sumándose asi a su excompañera de trabajo Sra Mar Sierra en SanidadCopia descargable. 

2 de Abril de 2018.-  se emite certificación de ACTO PRESUNTO del silencio administrativo producido.Copia descargable. 

18 del Mayo de 2018.-  El Secretario Xeral Técnico emite resolucion informando de las subvenciones públicas que recibe el Sr calenti desde la Xunta a la UDC donde es profesor asociado a la UDC que dice ;Copia descargable. 

Expediente AGRUP 2015/15 CICA-INIBIC, onde José Carlos Millán Calenti é coordinador dun dos 22 grupos que compoñen a agrupación,importe total concedido a agrupación 500.000 € (en tres anualidades: 100.000 € no ano 2015, 250.000 no ano 2016 e 150.000 no ano 2017) Copia descargable. 

...., en relación có expediente GPC 2014/082 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 70.000 € (en tres anualidades: 17.500 € no ano 2014 e 2016 e de 35.000 € no 2015) (DOG núm. 202, 24.11.2017), en relación co expediente grupo referencia competitiva ED431C 2017/49 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 200.000 € (en catro anualidades, do 2017 ao 2020, por importe cada unha delas de 50.000 €).Copia descargable. 

22 de Mayo 2018 ,- es admitida a trámite la querella criminal La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela contra Miguel delgado.- Copia descargable. 

03 de Agosto de 2018.-  curiosamente sin que nadie lo pidiese NI SOLICITASE y admitida la querella criminal por los datos certificados por el mismo , Secretario de Universidades Sr José Alberto Díez de Castro emite un nuevo certificado, desdiciendose de los anteriores en base a un supuesto error, afirmando que el Sr Millán Calenti no recibió ninguna subvención pública ni pertenece a ningún equipo de investigaciónCopia descargable. 

Solicitada petición expresa de que notificara al juzgado el "presunto error" se ha negado a día de hoy ( para no "fastidiarle el trámite de la querella criminal al Sr Rafael Álvaro Millán Calenti ), con lo que la querella sigue en curso procesal. Copia descargable.

Ver últimas amenzas de más querellas criminales contra Miguel Delgado. Se suma Jesús Palmou y Enrique Losada Puerto Coruña..(+)

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este archivo (35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF)35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF   168 kB
Descargar este archivo (36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF)36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF   153 kB
Descargar este archivo (actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf)actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf   186 kB
Descargar este archivo (burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf)burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf   221 kB

 El Periodista Miguel Delgado pone en conocimiento de las Principales Organizaciones Internacionales de defensa de los periodistas los ataques contra su persona por Instituciones de Galicia por ejercer la libertad de Prensa.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+