Imprimir

O PSdeG SINALA A FEIJÓO QUE “SE QUERE REDUCIR A CAMPAÑA, QUE LLE POÑA UN BOZAL A TELLADO”

Información
Galicia | 20 Mayo 2020 | 1919 votos Regístrese para votar
social youtube xornalgalicia   feed-image

O PSdeG recomendou hoxe ao PP de Feijóo que “se quere reducir a campaña, que lle poña un bozal a Tellado”. A lei establece que a campaña electoral debe durar un mínimo de 15 días e "ninguén pode reducir as garantías democráticas en Galicia".

O PP debe impulsar un cambio nos medios informativos públicos galegos para garantir a pluralidade e a veracidade, e ademais garantir varios debates con presenza de Feijóo na TVG".

 

Parece que Feijóo querería avanzar cara un sistema de partido único, pero os galegos non estamos dispostos a retroceder nos nosos dereitos”, concluíu o PSdeG, que recordou que a lexislación establece o tempo de duración das campañas electorais.

Feijóo errou ao poñer a data electoral estando en plena emerxencia sanitaria, e o que ten que facer agora é dispoñer todos os mecanismos para que o proceso se leve a cabo con garantías democráticas e sanitarias”.

Categoría: Galicia
Visto: 1919