Información
Galicia

A Real Academia Galega homenaxea a Ricardo Carvalho Calero ao pé da súa casa en Santiago de Compostela

Información
17 Mayo 2020 976 votos
  • 20200517 RAG HimnoO acto consistiu nunha sinxela ofrenda floral que, segundo as restricións fixadas polo estado de alarma, contou cunha reducida representación institucional. A RAG viuse na obriga de reprogramar o seu tradicional pleno do Día das Letras Galegas, que terá lugar o 31 de outubro no Ferrol natal do autor, cadrando cos 110 anos do seu nacemento
  • Víctor F. Freixanes: “Hoxe lembramos o maxisterio de Ricardo Carvalho Calero, o seu traballo, a súa lealdade á causa de Galicia, o seu compromiso e a súa esixencia, que se concreta nunha obra nalgúns momentos certamente extraordinaria, monumental, moito máis se consideramos as circunstancias nas que a foi construíndo”
  • A homenaxe pechouse cun poema de Carvalho Calero recitado pola académica Margarita Ledo e a interpretación do Himno Galego coa compaña de Susana Seivane á gaita

Santiago de Compostela, 17 de maio de 2020. – A Real Academia Galega celebrou hoxe o Día das Letras Galegas que este ano dedica a Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990) cunha homenaxe ao pé do que foi o seu fogar en Santiago de Compostela, na rúa Carreira do Conde. O acto consistiu nunha sinxela ofrenda floral debido ao estado de alarma declarado pola pandemia de coronavirus, que obrigou a adiar ata outubro o pleno extraordinario da RAG do 17 de maio que ía ter lugar en Ferrol, a localidade natal do homenaxeado. “Achegámonos a este lugar para ofrecer un ramo de flores na memoria de Ricardo Cavalho Calero nun sinxelo acto cheo de afecto, admiración e agradecemento. Moitos de nós fomos alumnos seus, lembramos o seu maxisterio, o seu traballo, a súa lealdade á causa de Galicia, o seu compromiso e a súa esixencia, que se concreta nunha obra nalgúns momentos certamente extraordinaria, monumental, moito máis se consideramos as circunstancias nas que a foi construíndo”, salientou o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes. Tras as súas palabras, a académica Margarita Ledo Andión deu lectura a un poema do homenaxeado.

Á ofrenda floral asistiron tamén o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo Ansorena; e Antonio López, reitor da Universidade de Santiago de Compostela, institución na que Carvalho Calero se converteu en 1972 no primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega en Galicia, sete anos despois de inaugurar as clases de galego na daquela única universidade galega. A homenaxe rematou coa interpretación do Himno Galego coa compaña de Susana Seivane á gaita.

A xeración Halley

Noutra situación, a RAG estaría hoxe na cidade de Ferrol, cidade natal de Carvalho Calero, celebrando na súa lembranza o tradicional acto académico do 17 de maio, recordou Víctor F. Freixanes. “Mais os tempos e as circunstancias obrígannos a actuacións extraordinarias. Agardemos que, con máis acougo, poidamos celebrar o noso pleno extraordinario o 31 de outono próximo, coincidindo co 110 aniversario de don Ricardo, que naceu o mesmo ano en que apareceu no ceo o cometa Halley”, expresou en referencia a un dos poemas do escritor, filólogo e profesor, “Halley: 1910-1987”.

O presidente tamén tivo palabras de afecto para as fillas de don Ricardo, Margarita e María Victoria Carballo-Calero, que non puideron acudir ao acto por mor das restricións á circulación interprovincial vixentes.

Pero o 17 de maio é sempre “un día especial”, a “data simbólica do noso Rexurdimento, da nosa identidade nacional, do noso idioma, no que deprendemos os nomes primeiros das cousas e que nos instala entre as culturas do mundo”, salientou o presidente da Academia. A institución instaurou o Día das Letras Galegas o 17 de maio de 1963 cadrando co centenario da publicación dos Cantares gallegos de Rosalía de Castro. Aquela primeira celebración tivo lugar en Santiago de Compostela, no pazo de Fonseca da USC, e contou coa participación do propio Carvalho Calero, cun discurso dedicado á poeta que tanto estudou como crítico literario.

Tras as palabras de Víctor F. Freixanes, a académica Margarita Ledo deulle voz a outro poema no que Carvalho Calero volveu recorrer ao cometa Halley para trazar un retrato da súa xeración, o dedicado ao seu “irmán” Álvaro Cunqueiro en 1980, o mesmo ano en que o catedrático lle deu a benvida ao escritor de Mondoñedo na USC como doutor honoris causa. “O primeiro aeroplano ensaiaba o seu voo, ti ja o dixeches, / namentres nós nacíamos. / E o cometa Halley brillaba no ceu, / e Tolstoy se apagaba cando nós nacémos (...). A princípios de século nacémos, / a fins de século morrémos. / Ti e máis eu fomos, verdadeiramente, / fillos do noso século”.

Tributo na Rede

Dado o contexto extraordinario deste 17 de maio, a Real Academia Galega reforzou nas últimas semanas a oferta de contidos dixitais arredor da vida e da obra de Ricardo Carvalho Calero e anima a toda a sociedade galega a celebrar o día grande da lingua e da cultura galegas aproveitando ao máximo as posibilidades que ofrecen as tecnoloxías da comunicación.

A institución agarda poder retomar as celebracións presenciais do Ano Carvalho Calero á volta do verán. O pleno extraordinario do Día das Letras Galegas foi reprogramado para o 31 de outubro, cadrando co cento dez aniversario de Ricardo Carvalho Calero e agardando que para aquela data as circunstancias sexan máis propicias. A cita mantense no teatro Jofre de Ferrol. Máis adiante será o momento do simposio académico dedicado ao autor, onde se recollerán distintas achegas de carácter científico arredor da figura e do herdo intelectual do homenaxeado. A RAG prevé rematar o ano cunha coidada edición da correspondencia cruzada entre Carvalho Calero e Ramón Otero Pedrayo, realizada en colaboración co Parlamento de Galicia, a Fundación Penzol e a Fundación Otero Pedrayo. Son en total máis de 180 cartas editadas e anotadas por Patricia Arias Chachero e Adrián Estévez, acompañadas dun prólogo de Xesús Alonso Montero.

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago