O BNG apoia ás familias nas denuncias de novas neglixencias na Residencia San Carlos

Información
15 Mayo 2020 1601 votos - Registrate para votar

A dirección agocha á familia dunha residente o protocolo que seguiu para manter unha residente en negativo na planta dos covids durante 11 días.

  • · Tamén elude indicar quen asume a responsabilidade de permitir o acceso dun fotógrafo ao centro cando aínda había enfermos da covid e sen ter solicitado o permiso previo das familias.    

Celanova, 15 de maio.- O BNG de Celanova denuncia que a dirección da Residencia San Carlos de Celanova volve negar información ás familias dos residentes e elude sinalar a persoa responsábel de facilitar o acceso dun fotógrafo ao centro durante a segunda semana de maio, cando aínda permanecían pacientes illados pola covid, e para o que non se pediu o permiso das familias.

O malestar levou á que se solicitasen formalmente á Residencia San Carlos explicacións sobre un acceso que as familias consideran que non era imprescindíbel e que, en calquera caso, lles debeu ser consultado polas implicacións na intimidade dos residentes.

 

A residencia foi interpelada sobre quen deu a autorización e por que se deu sen o permiso das familias. A comunicación, non contestada pola Residencia, faise pública despois de que a persoa que actúa como “portavoz” do centro (segundo se recolle en todas as publicacións aparecidas na prensa local desde o principio da crise) manifestase este mércores, día 13, a súa oposición á proposta das familias para poder empezar a visitar aos seus. “Non debemos expoñelos”, manifestou esta portavoz en contra do criterio de psicólogos e psiquiatras… e en contra da propia práctica de Residencia de permitir o acceso dun fotógrafo a semana anterior (con covids entre os residentes).

Esas manifestacións producíronse o mesmo día en que a Xunta avanzaba que empezou a elaborar o protocolo de visitas, asumindo esa necesidade que sinalaban as familiares e os expertos. "As familias denuncian opacidade e oscurantismo, que a día de hoxe se mantén", dixo a deputada do BNG, Montse Prado, ese mesmo día 13 no Parlamento, e alertou sobre o "grave risco para a súa saúde mental" dos maiores que padecen unha situación de illamento desde hai meses.

O BNG deu o seu apoio á demanda de establecer de maneira urxente un mecanismo para as visitas de familiares, en base a proposta lanzada por familias de Celanova e O Barco, co respaldo do Movemento Galego da Saúde Mental e do resto de afectadas agrupadas no colectivo galego REDE.

O BNG de Celanova comparte o interese das familias porque se aclaren as circunstancias da visita do fotógrafo que levou á publicación das imaxes. As nacionalistas consideran que no só teñen dereito a solicitar explicacións e sentir que a intimidade dos seus maiores foi agredida, senón que a falta de resposta é unha evidencia desa “opacidade” coa que os responsábeis da Residencia veñen actuando nesta crise.

Outras reclamacións sen resposta

O BNG de Celanova xa denunciou outras irregularidades que seguen pendentes de explicación. O pasado 29 de abril advertiu que desde o luns 27 unha residente que resultou negativa no último test continuaba illada na mesma planta que os 3 afectados pola enfermidade. A día de hoxe, non foron contestadas as explicacións solicitadas pola familia. A muller permaneceu na mesma planta dos covids durante 11 días até que os afectados foron declarados negativos a semana pasada.

Tampouco a Residencia achegou ningunha información sobre as circunstancias que levaron ao centro a aceptar o regreso dun paciente afectado por coranavirus a mediados de abril. O SERGAS negou a denuncia do BNG, despois tivo que rectificar e recoñecer esa actuación, e finalmente aludiu a un acordo coa Residencia que a dirección do centro aínda non explicou.

capmpanadepropinas

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

La contratación pública  "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".

Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO    Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago