Nos case dos meses que levamos de emerxencia sanitaria Feijóo non ten adoptada nin unha soa medida efectiva para combater a epidemia
Nos case dos meses que levamos de emerxencia sanitaria Feijóo non ten adoptada nin unha soa medida efectiva para combater a epidemia
Información
10 Mayo 20201675 votos - Registrate para votar
O portavoz de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez Reino, esixiu hoxe a Alberto Núñez Feijóo que exerza a súa responsabilidade como presidente da Xunta, e estableza as condicións da desescalada nos ámbitos e materias nas que a Administracion autonómica está facultada a exercer a súa capacidade lexislativa.
“Feijóo leva semanas reclamando a súa autonomía para asumir o deseño e a execución desas medidas. Pero non tiña plan de desescalada cando reclamaba ao Goberno as competencias para executalo nin e tampouco o ten agora. Era todo propaganda“, dixo.
Gómez Reino instou ao xefe do Executivo autonómico “a facilitar á vida das cidadás galegas” lexislando en asuntos como, entre outros, as franxas horarias para as saídas escalonadas, no caso de que se considere preciso adialas ou retrasalas; na conciliación das traballadoras con fillos ou dependentes a cargo, mentres os colexios, escolas infantís e centros de día seguen pechados; e establecendo un protocolo propio para deseñar a volta á actividade na xustiza.
“Nos case dos meses que levamos de emerxencia sanitaria a Xunta non ten adoptada nin unha soa medida efectiva para combater a epidemia nin para resolver os problemas económicos das familias afectadas pola crise. Feijóo nin sequera ten respostado ás forzas políticas que, como Galicia en Común-Anova Mareas, lle propuxemos debater un proxecto común de reconstrución do país baseado na defensa do público”, subliñou Gómez Reino.
“Iso é o que a sociedade galega lle reclama ao presidente da Xunta. Non que faga propaganda electoral a costa dunha traxedia cidadá deste calibre, senón que goberne, que xestione os recursos públicos e que lexisle en beneficio do interese común de todas as galegas”, concluíu.
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)