Información
Galicia

A "telegaita" de Feijóo " CRTVG" ocultou e minimizou nos seus informativos os actos convocados pola CIG para o Primeiro de Maio

Información
07 Mayo 2020 871 votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A CIG remitiu un escrito de queixa ao director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, e a directora da Área de Información polo tratamento informativo dado á CIG con respecto aos actos de celebración do Primeiro de Maio. A evidente ocultación da primeira forza sindical en Galiza e a manipulación na cobertura das súas convocatorias dificilmente casan cos principios de obxectividade, imparcialidade, veracidade e neutralidade informativa polos que se debe rexer a televisión pública galega.

 

O pasado luns, día 27 de abril, a CIG convocaba unha rolda de prensa para informar da súa convocatoria do Primeiro de Maio, lema, accións previstas e cuestións nas que centraba as súas reivindicacións con motivo desta data. Por mor do estado de alarma, provocado pola situación de emerxencia sanitaria derivada do andazo da covid-19, a rolda de prensa desenvolveuse por videoconferencia. Ao seu remate remitíronse aos medios de comunicación, incluída a TVG, nota de prensa, fotografía, audio e vídeo.

Malia isto, nin no Telexornal Mediodía desa xornada, nin no Telexornal Serán se deu cobertura a esta rolda de prensa.

O pasado xoves, día 30 de abril, solicitábase ao gabinete de comunicación da central sindical un vídeo ou cortes de vídeo, para preparar a información que, sobre o Primeiro de Maio, se emitiría no informativo Bos Días da propia data

Ao día seguinte, Primeiro de Maio, asistimos a un obvio -até para un estudante de primeiro de Xornalismo- exercicio de manipulación informativa e unha flagrante vulneración dos principios que inspiran a actividade de comunicación audiovisual da Corporación RTVG, atendendo ao contemplado no artigo 4 da Lei 9/2011 de Servizo Público de Comunicación Audiovisual de Galiza.

A primeira central sindical de Galiza só mereceu uns segundos nos telexornais

Da análise dos contidos das informacións emitidas ao longo desta xornada conclúese que:

1. No TX ‘Bos Días’ trasládase a idea de que as únicas convocatorias que hai son as de CCOO e UGT e que o lema de todas as convocatorias é o destas organizacións sindicais. Ocúltase porén tanto o lema, como a convocatoria da CIG.

Emítense totais dos tres secretarios xerais en Galiza de CCOO, UGT e CIG. Mais ao non saber nada da convocatoria da CIG, nin do que se demanda con motivo desta data e en plena situación de emerxencia sanitaria, os 16” de intervención de Paulo Carril quedan como un ridículo pegote descontextualizado, co único obxectivo de transmitir unha idea de falso pluralismo e xustificar o burdo exercicio de manipulación informativa da televisión pública galega.

Do total da información, entre titulares e información, dedícanse a CCOO e UGT 4 minutos 11 segundos, fronte aos 16 segundo que se dedican á CIG.

2. No TX Mediodía repítese o esquema anteriormente citado mais a ocultación da convocatoria da CIG é aínda máis grave. Emítense imaxes dos chíos en redes sociais de perfís de persoas que se suman ao chamado de CCOO e UGT e non se recolle nin un só da convocatoria da CIG. Substitúese isto por un plano fixo da porta de entrada da sede da central sindical en Santiago de Compostela na que está colgado un cartel da convocatoria.

Recóllense declaracións, por esta orde, de Unai Sordo, secretario xeral de CCOO; Pepe Álvarez, de UGT; José Antonio Gómez, secretario xeral en Galiza de UGT; Ramón Sarmiento, secretario xeral en Galiza de CCOO, e Paulo Carril, secretario xeral da CIG. Da información, que inclúe tamén o anuncio do concerto (9”), 1 minuto e 31 segundos dedícanse a informar das convocatorias de CCOO e UGT e 13 segundos -9” de total de Paulo Carril- a informar da CIG.

3. No TX Serán divídese en dous bloques a información relativa a esta data. No primeiro dáse conta do concerto virtual convocado por CCOO e UGT (33”). No segundo das manifestacións nas redes sociais, repetindo o esquema dos anteriores informativos. Durante 1 minuto e 19 segundos fálase de CCOO e UGT, fronte aos 12 segundos nos que se fala da CIG.

Falta de pluralismo, obxectividade e neutralidade informativa

A Lei 9/2011 de Servizo Público de Comunicación Audiovisual de Galiza, no punto 4 do artigo 4 sinala literalmente como principios “o reflexo do pluralismo ideolóxico, político, cultural e social de Galicia” e no punto 5 “a obxectividade, imparcialidade, veracidade e neutralidade informativa, así como o respecto á liberdade de expresión e á formación dunha opinión pública plural”.

Dificilmente hai obxectividade, imparcialidade, veracidade e neutralidade informativa, cando hai ocultación manifesta da convocatoria dunha das organizacións sindicais fronte ás outras dúas. Máxime cando ademais a CIG ostenta a primeira posición en Galiza en representatividade.

As informacións emitidas ao longo da xornada do Primeiro de Maio vulneran ademais o respecto á formación dunha opinión pública plural, toda vez que se nega ás galegas e galegos o dereito a recibir información veraz sobre todas as convocatorias tanto na previa como nas posteriores informacións emitidas.

A CIG demanda que non se repita esta actuación

A CIG manifesta, ante isto, a súa repulsa ante este vulgar e flagrante exercicio de manipulación informativa, quer por ocultación, quer por terxiversación, quer por minimización. Demanda explicacións por este tratamento informativo e exixe que non se repita, ao abeiro do artigo 20 da Constitución española, que preserva o dereito a recibir información veraz e o dereito de acceso aos medios de comunicación públicos das organizacións sociais máis representativas, ademais da lexislación galega á que se fixo referencia con anterioridade, relativa á Lei de Servizo Público de Comunicación Audiovisual.

A central sindical reclama ademais neutralidade informativa; que a TVG actúe como o servizo público e que reflicta o pluralismo ideolóxico que hai sociedade galega e, nomeadamente, na clase traballadora galega que, casualmente, apostou de forma maioritaria pola CIG para defender os seus dereitos en empresas e institucións.

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago