GONZALO CABALLERO LAMENTA QUE FEIJÓO NON ENVIARA MÁSCARAS AOS GALEGOS PARA O INICIO DO DESCONFINAMENTO: “PREFIRE CONFRONTAR CO GOBERNO”

Información
Galicia | 02 Mayo 2020 | 2588 Votos | Correo electrónico | Imprimir

020520

O secretario xeral propuxo hai dúas semanas un plan de entrega de máscaras gratuítas porque a Xunta “ten fondos e mecanismos” para faceloO secretario xeral propuxo hai dúas semanas un plan de entrega de máscaras gratuítas porque a Xunta “ten fondos e mecanismos” para facelo.

Cita Xornal Galicia; Feijóo non entrega mascaras por que ten un negocio montado con sua venta a través da web da Xunta de Galicia ( .- Preservada, siguen a la venta en el día 1 de Mayo de 2020 en http://archive.is/FkQwZ  )
Santiago, 2 de maio de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, lamentou que hoxe arranque o desconfinamento sen que a Xunta procurara máscaras de protección gratuítas a toda a poboación galega.


“Comprobamos que Feijóo preferiu perder o tempo confrontando co goberno en vez de dar solución aos problemas dos galegos e das galegas”, recalcou o líder do PSdeG, quen hai dúas semanas pediu un plan de entrega de máscaras gratuítas para os primeiros días do desconfinamento.
“A Xunta ten orzamentos e ten mecanismos para facelo”, recordou Gonzalo Caballero, crítico con que Feijóo “non atende ao que pode facer en Galicia”.
De feito, o máximo dirixente dos socialistas galegos sinalou que Feijóo tampouco dispuxo axudas directas para os autónomos ou medidas especiais para sectores tan afectados pola pandemia como a hostalería, tal e como lle requiriu o PSdeG nas semanas precedentes.
“Inícianse as saídas dos domicilios para o conxunto da poboación, pero Feijóo non cumpriu e os galegos non teñen máscaras á súa disposición a pesares de que na Xunta hai fondos para financialas”, reprobou Gonzalo Caballero.

social youtube xornalgalicia   feed-image