Ines Rei non entregou nen unha soa mascarilla mentres que Carballo xa distribuie de máscaras cirúrxicas en todas as vivendas da zona urbana de Carballo

Información
Galicia | 20 Abril 2020 | 1891 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Los mayores de la Comunitat Valenciana recibirán 3 mascarillas ...TOME NOTA SRA INES REY E APRENDA COMO XESTIONAR OS INTERESES SOCIAIS E NON A SÚAS FOTOS PERSONAIS COS MEDIOS DE COMUNICACIÓN PEGADIÑA A FEIJÓO.PARA FACERLLE A CAMPAÑA ELCTORAL GRATIS EN CONTRA DO PSdeG...ver mais.+.

Cinco equipos integrados por persoal de Protección Civil, Brigada Municipal de Obras, Cruz Vermella e Carballo Deporte, que se suma con 10 voluntarios, inicia  o reparto das máscaras cirúrxicas homologadas adquiridas polo Concello de Carballo en todas as vivendas da zona urbana. A distribución farase porta a porta, igual que na zona rural.

 

Para facilitar a tarefa, que está coordinada polo concelleiro de Seguridade, Juan Seoane, a zona urbana dividiuse en cinco grandes áreasnas que se fará o reparto de maneira simultánea a partir de mañá pola mañá. Cada un dos cinco grupos de traballo irá precedido por un vehículo de Protección Civil, que se encargará de avisar por megafonía á veciñanza das rúas polas que pasen.

A maiores, un equipo formado por traballadores da Brigada Municipal de Obras rematará o reparto nas zonas rurais que non foi posible cubrir esta semana: parroquia de Cances, parte de Goiáns e algúns lugares de Rus. Unha vez cubertas estas zonas dedicarase a atender as incidencias, que na primeira fase do reparto foron moi poucas. Deste xeito, os veciños e veciñas das parroquias rurais que por calquera motivo non recibiran as mascarillas poden comunicalo chamando ao teléfono 981 704 700 ou enviando unha mensaxe a través de calquera das redes sociais do Concello de Carballo, e faráselles chegar ao longo da semana.Ines Rey no ha recibido a nadie de la clase socialista que le haya ...

A distribución das mascarillas tamén se fará pola tarde, neste caso con dous grupos de traballo compostos por voluntariado de Cruz Vermella, Protección Civil e Carballo Deporte.Defraudadores socialistas de impuestos municipales liderada por ...

O concelleiro de Seguridade quixo agradecer especialmente o traballo que están a realizar as máis de 30 persoas de distintos servizos municipais, e tamén da Cruz Vermella, encargadas do reparto porta a porta das 32.000 mascarillas adquiridas polo Concello de Carballo para asegurar que toda a veciñanza teña unha á súa disposición no caso de verse obrigada a acudir a un lugar no que non sexa posible respectar as distancias de seguridade sanitarias con outras persoas.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600