O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres de que o albergue municipal de Marqués de Valterra xa repartiu un total de 1.203 menú durante os últimos dez días, a Xunta de Feijóo non repartiu ningún.

Información
Galicia | 30 Marzo 2020 | 1591 Votos | Correo electrónico | Imprimir

En total son 120 persoas (usuarios do propio albergue, acollidos no pavillón do Berbés e reparto a domicilio) os que reciben a súa comida da cociña do albergue.

A través deste reparto de comida que leva a cabo o Concello, foron localizados 10 usuarios para dar de alta de forma inmediata, tras a avaliación do traballador social, no Servizo de Atención Domiciliaria (SAD) que funciona todo o ano.

O rexedor explicou tamén que desde que comezou o confinamento xa se repartiron 1.741 axudas a 1.239 persoas, o que supón un importe de 132.500 euros.

“Seguiremos facendo chegar estas axudas de emerxencias para todos aqueles que lo necesitan”, sinalou o rexedor antes de explicar que “todo aquel que o precise ou que coñeza a xente maior ou a alguén en esta situación” pode chamar ao número 010 para dar conta.

No relativo ao pavillón do Berbés xa son 30 as persoas acollidas tras converter as instalacións como centro de acollida ante a crise do Covid-19. Caballero indicou que en total o Concello atende a 130 persoas sen fogar e sufraga todos os custes. A cidade conta cun total de 138 prazas dispoñibles (38 no albergue municipal, 38 na Fundación Santa Cruz, 38 no pavillón e 24 en pensións).

social youtube xornalgalicia   feed-image