#EuQuedoNaCasa: recomendacións para facer fronte ao COVID-19 dentro do fogar

Información
Galicia | 15 Marzo 2020 | 1754 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image
Lavar as mans a miúdo continúa sendo unha das principais recomendacións. Foto: Santi Alvite
lavar as mans a miúdo continúa sendo unha das principais recomendacións. Foto: Santi Alvite
Malia non saír á rúa, dentro dos domicilios deben manterse as medidas de hixiene recomendadas polas autoridades sanitarias

As autoridades sanitarias recomendan permanecer na casa para poñerlle freo ao COVID-19. Porén, malia non saír ao exterior e non experimentar síntomas, deben seguir manténdose as medidas de hixiene precisas para non expandir o virus. Neste senso, lavar as mans a miúdo continúa sendo unha das principais recomendacións.

 

Asemade, tamén dentro da casa, debe evitarse o contacto coa cara; desinfectar obxectos e superficies que se tocan regularmente, tales como mesas, tiradores de portas e pasamáns; así como ventilar a miúdo, abrindo ventás ou axustando o aire acondicionado.

Cando hai maiores dentro do fogar, as persoas sas da unidade familiar deben comportarse como se puidesen ser transmisoras e lavar sempre as mans antes de prestarlles coidados. 


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600