GONZALO CABALLERO ACUSA A FEIJÓO DE “METER MEDO” CO PARIDOIRO DE VERÍN: “A SANIDADE PÚBLICA É SEGURA, O QUE NON É SEGURO PARA OS GALEGOS É QUE VOSTEDE SIGA NA XUNTA”

Información
Galicia | 29 Enero 2020 | 2178 Votos | Correo electrónico | Imprimir

O secretario xeral denuncia “decisións continuas en contra da cidadanía” que Feijóo só empezou a rectificar porque “as contas electorais non lle dan”

Santiago, 29 de xaneiro de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, dirixiuse hoxe no pleno a Feijóo para afearlle que tente “meter medo” ás nais de Verín, a quen fai firmar un consentimento informado “reforzado” para dar a luz no hospital comarcal.

 

A sanidade pública é segura, o que non é seguro para os galegos é que vostede siga sendo presidente da Xunta”, sinalou Gonzalo Caballero a Feijóo, despois de recordar que tratou de xustificar o peche do paridoiro en “supostos criterios técnicos” relativos ao baixo número de partos nos hospitais comarcais.

De feito, o líder dos socialistas galegos recordou que Feijóo chegou a afirmar hai escasos dous meses que había “un problema de pericia dos profesionais” de Verín porque non atendían unha cifra suficiente de partos a causa do devalo demográfico, e incluso algún dirixente do Sergas sinalou que “igual as ourensás tiñan que ir parir a Vigo” por ese mesmo motivo.

Tanto é así que, prognosticou Gonzalo Caballero, de non ser “pola mobilización” da cidadanía, o de Verín sería o primeiro dos paridoiros comarcais en “desmantelarse”, a pesares do suposto compromiso da Xunta co desenvolvemento do medio rural e da Galicia interior.

Así as cousas, tras requirirlle a asunción de responsabilidades, advertiu a Feijóo de que “perdeu a credibilidade”. “A súa palabra xa non vale nada”, recalcou o máximo dirixente do PSdeG, á vista de que xa non actúa como presidente de Galicia senón do PPdeG e de que quere converter os Consellos da Xunta na xunta directiva do seu partido”.

FEIJÓO XA NON GOBERNA”

Feijóo está tomando decisións continuas contra a cidadanía e só agora, cando as contas electorais xa non lle dan, recúa no peche do paridoiro de Verín, na hemodinámica de Ourense ou na apertura da mina de Touro”, evidenciou o voceiro socialista na Cámara.

Neste contexto, Gonzalo Caballero deixou claro que Feijóo “xa non goberna”, senón que “a maioría progresista arrinconouno e xa toma as decisións por el na defensa do medio, da igualdade, da sanidade...”. É por iso que pediulle que, “no tempo de desconto” no que está, “non faga máis dano a Galicia” cos seus recortes.

UN MAL XESTOR”

Tras constatar que Feijóo é “un mal xestor” que non conseguiu melloras para Galicia pese a ter xestionado uns 150.000 millóns de euros, o líder dos socialistas galegos amosou “as nosas forzas e ganas de cambiar Galicia”.

Fronte a isto, Gonzalo Caballero situou ao goberno progresista de España, ao que votaron “a maioría dos galegos”. “A Galicia vaille ben cun goberno que sube o salario mínimo e as pensións, que defende a igualdade e os servizos públicos...”, concluíu.

social youtube xornalgalicia   feed-image