Información
Galicia

Eva Solla denuncia a falta de control por parte do Goberno do PPdeG na Xunta sobre as axudas públicas do Igape

Información
24 Enero 2020 686 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Emesa é un exemplo de xestión neglixente por parte do Goberno: recibiu máis de 4 millóns en axudas por parte do IGAPE e tiña uns 400 traballadores. Agora está en concurso de acredores e os traballadores levan meses sen cobrar”, di Eva Solla

 Compostela, 24 de xaneiro de 2020. Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e deputada do Grupo Común da Esquerda, vén de facer fincapé na Comisión de Emprego e Sanidade na “actitude neglixente por parte do Goberno galego respecto ao control e fiscalización das axudas públicas do Igape”. “Dita actitude se ve moi clara no exemplo da empresa Emesa, que recibiu máis de 4 millóns en axudas por parte do IGAPE e tiña uns 400 traballadores. Agora está en concurso de acredores e os traballadores levan meses sen cobrar. Cal foi o control que fixo o Goberno destas axudas?”, inquiriu Solla.

Emesa é unha empresa situada na Coruña, no municipio de Coirós, dedicada ás construcións metálicas e con máis de 60 anos de historia e coa participación en obras emblemáticas como a Ponte de Rande e a súa ampliación, a T4 de Barajas, ou a intermodal de Lieja (Bélxica), ademais de ter sido fundamental para o despegue industrial da provincia da Coruña con construcións para Meirama, As Pontes, A Refinería…. É unha empresa que conta cunha alta especialización das traballadoras e traballadores que e chegou a ter máis de 400 postos de traballo.

Con estes antecedentes, Eva Solla preguntou ao Goberno “cal foi o control que fixo destas axudas públicas recibidas do IGAPE (de ata 4 millóns de euros) e se pensa facer algo para evitar a perda de postos de traballo”. Esta perda de postos de traballo se vén producindo dende que o Grupo Isolux vendeu a empresa ao Grupo Soil, actual propietario, que prometeu no seu momento dar ocupación a máis de 200 persoas. “Actualmente a empresa conta cuns 90 profesionais que levan xa cinco nóminas sen cobrar e están en concurso de acredores”, lembrou a deputada.

Eva Solla tachou esta xestión de “actitude neglixente” e lamentou que esta situación “só afonda no desemprego que sofre Galicia, principalmente nun sector que se atopa en desmantelamento absoluto como é o caso da nosa industria, coa consecuente sangría de postos de traballo”. Ante esta situación, a Xunta debería actuar a fin de evitar un peche que supón un problema a nivel laboral e social para toda unha comarca.

Tamén lamentou que “unha grande parte das axudas directas que está a dar o Goberno non estean vinculadas ao emprego de calidade e, por iso, nos atopamos con exemplos de empresas que recibiron axudas e agora están a sufrir unha situación de concurso de acredores, co que todo isto implica para os postos de traballo das e dos traballadores”.

Esquerda Unida reuniuse fai un mes co persoal de Emesa, altamente cualificado que recalcaba que “non quería emigrar a Alemaña e que queren traballar en Galicia”, polo que instamos á Xunta a buscar solucións para frear o desmantelamento do sector industrial galego e a sangría de traballadoras e traballadores.

xornalgalicia.com › galicia › reportaxes-a-fondo › 13349-la-gestion-p...

La gestión pública del gobierno del PPdeG en Galicia bajo el ...

5 dic. 2019 - ... de Verin, despilfarro millones en publicidad y indicios de corrupción ... Mar Sánchez Sierra su sombra personal en el PPdeG y en la Xunta a ...

xornalgalicia.com › Galicia

Desbandada en el PPdeG ante el inminente adelanto ...

9 ene. 2020 - Desbandada en el PPdeG ante el inminente adelanto electoral, altos ... en las posibles denuncias por corrupción en plena campaña electoral.

www.europapress.es › galicia › noticia-diputado-ppdeg-defiende-pact...

Un diputado del PPdeG defiende el pacto con Vox en ...

20 nov. 2019 - Un diputado del PPdeG defiende el pacto con Vox en Andalucía porque "acabó con la corrupción sistémica" del PSOE. Publicado 20/11/2019 ...

www.accionytransparenciapublica.com › noticias-destacadas › 206-fei...

Feijóo (PPdeG) solo da ... - Acción y Transparencia Pública

Feijóo (PPdeG) solo da subvenciones "de una sola adjudicación directa, ... Al descubierto las tramas de corrupción informativa en Galicia bajo gobierno de ...

www.elplural.com › Política

Denuncian que Feijóo y el PP están detrás de las "coacciones ...

"El PPdeG no cesa en su empeño de que la plataforma deje de informar de la escalada de presunta corrupción y escritos puestos en conocimientos judicial, ...

www.lainformacion.com › politica › partidos › PPdeG-defiende-corrupc...

El PPdeG defiende, ante la corrupción, que la actuación ...

El secretario general del PPdeG, Miguel Tellado, ha defendido, ante los casos de supuesta corrupción que han trascendido en los últimos días y que afectan …

www.pladesemapesga.com › inicio › portada › 224-una-foto-politica-...

UNA FOTO POLÏTICA DE TRAPOS AZULES QUE SOLO ...

UNA FOTO POLÏTICA QUE SOLO BENEFICIA AL PPdeG QUE NOS COSTO ... Descargar este archivo (escrito-denuncia-banderasazules-fraude-o-corrupcion.

 

 

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....