Información
Galicia

Caballero denuncia ante Conxemar públicamente a negativa do Goberno de Feijóo na Xunta para ampliar o IFEVI

Información
16 Enero 2020 615 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Abel Caballero participou este mércores no comité executivo de Conxemar, onde trasladou á súa dirección "a gravidade" do que está a acontecer: "A Xunta de Galicia non quere ampliar o IFEVI para o seguinte Conxemar; isto é un dato".

O alcalde censurou a posición do goberno autonómico ante a ampliación do recinto feiral de Vigo, toda vez que a Xunta non deu resposta oficial algunha á solicitude acordada por unanimidade polo padroado do IFEVI, notificada o pasado día catro deste mes. "Están perdendo tempo", asegurou.



A lei 3/2016, coñecida como "lei Vigo", é a única forma de tramitar a ampliación do instituto feiral de Cotogrande, segundo anotou este mércores o alcalde, posto que conceder unha licenza directa sería unha "gravísima irregularidade" ao non permitilo a cualificación urbanística do solo. Precisamente a "lei Vigo" dá cabida ao necesario cambio do uso do terreo.

Caballero advertiu que o procedemento empregado para a última ampliación do IFEVI foi o mesmo que se promove para a actual. O padroado decidiu a tramitación do proxecto pola lei 3/2016 e a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, acordos notificados á Xunta de Galicia o 4 de xaneiro sen que, "a día de hoxe", se teña resposta oficial

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....